Día de Rosalía

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro o noso alumnado visitou a Biblioteca Municipal para levar a cabo unha actividade relacionada coa autora. Mostra do que fixeron é este vídeo que as persoas encargadas da actividade tiveron a consideración de facernos.

Moitas grazas pola dedicación e esperamos que vos guste o resultado.

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo na galería de imaxes.

Rosalía de Castro

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o Día de Rosalía, 24 de febreiro, traballamos por titoría e durante toda a semana, algúns aspectos da vida e obra da homenaxeada: recitado de poemas, títulos das obras, biografía,...

E fixemos uns marcapáxinas que temos expostos no taboleiro de Normalización Lingüística e dos que deixamos aquí unhas fotos.

Distribuir contido