Libros de Texto
LISTADO LIBROS DE TEXTO 2024-2025
No seguinte enlace poderedes acceder ao listado de libros de texto do curso 2024- 2025.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
Non hai listaxe de libros de texto para o alumnado de 5º e 6º de Primaria por participar no programa dixital E-DIXGAL.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a
adquisición de libros de texto e material escolar
Curso escolar 2021-2022
Procedemento ED330B
ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG do 20)
Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia
Para presentación electrónica, entre na aplicación facendo clic aquí.
Para presentación presencial: utilice os Anexos I e II da Orde de convocatoria
Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace
Manual de usuario para os cidadáns: enlace
FORMA DE PRESENTACIÓN:
Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a
solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala,
obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro
(debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola
aplicación).
• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Anexo II – Autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante.
As autorizacións dos membros da unidade familiar distintos do solicitante figuran no anexo II, que aparece xunto
coa última páxina da solicitude, no caso da presentación presencial, e como un documento anexo adicional no caso
das solicitudes presentadas pola Sede Electrónica.
Debido ao cambio na normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso das persoas que figuren no
anexo II para consultar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, a falta desta, o certificado
tributario de imputacións do exercicio 2019.
PRAZOS ESTABLECIDOS POLA CONVOCATORIA:
Ata o 22.06.2021
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA:
- ANEXO I debidamente cuberto.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
a) Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.
b) Se o solicitante posúe DNI ou NIE:
▪ Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
▪ En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio
regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.