Novas
LISTADO LIBROS DE TEXTO 2022 - 2023
Nos seguintes enlaces poderedes acceder á listaxe dos libros de texto para o curso 2022-2023.
O próximo curso cambian libros en 1º e 3º de Primaria.
MIRADE BEN, HAI LIBROS QUE NON HAI QUE MERCAR (OS QUE ESTÁN REMARCADOS).
Non hai listaxe de libros de texto para o alumnado de 5º e 6º de Primaria por participar no proxecto Educación dixital E-Dixgal.
Becas NEAE 2022 - 2023
Enviado por Anónimo o Lun, 2022-05-23 12:09Aberto o prazo para a solicitude de Becas e Axudas para Alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022 - 2023.
PRAZO: do 19 de maio ao 30 de setembro do 2022
As solicitudes, tal e como se explica na resolución pola que se convocan as axudas, han de entregarse no centro docente no que os solicitantes vaian seguir os estudos durante o curso académico 2022 - 2023.
Para máis información clica AQUÍ
Enlace á sede electrónica AQUÍ
Para máis información chame ao Departamento de Orientación do centro.
Ampliación Admisión en Sede Electrónica
Enviado por fani.perez o Mar, 2022-03-22 14:38INFORMACIÓN SECRETARÍA:
Por motivos técnicos, a sede electrónica da Xunta de Galicia vén de ampliar 24 horas a presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos". Esta ampliación de prazo atinxe en exclusiva ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio.
Secretaría.
Admisión Curso 2022 - 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 2022-03-02 01:00Procedemento ordinario de admisión de alumnado.
PRAZO 1 AO 21 DE MARZO
O alumnado xa matriculado no centro non ten que facer ningún trámite.
Na páxina de secretaría atoparedes toda a información relativa a este procedemento.
As familias que desexen solicitar a admisión dos seus fillos/as no noso centro educativo poderán facelo de dúas maneiras:
- Telemáticamente accedendo á páxina de Admisión Alumnado, é imprescindible identificarse con Chave 365 ou Certificado Dixital.
- Manualmente cubrindo o formulario e presentándoo na Secretaría do Centro, en horario de 11:30 a 12:20 de luns a venres (imiprescindible solicitar cita previa no 881 930 417) O centro facilitará as fotocopias do formulario ás familias que o precisen.
A documentación a presentar é a seguinte:
- Anexo II debidamente cuberto e asinado
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (libro de familia, DNI...)
- Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor, se é o caso
Na mesma solicitude os representantes legais do alumno/a deberán manifestar se desexan ou non utilizar os servizos complemetarios (Transporte e comedor).
Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo do centro.
