Novas
Cuestionario de convivencia escolar
CUESTIONARIO DE RECOLLIDA DE DATOS SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR
No marco de mellora da convivencia escolar que promove o Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, realízase unha recollida de datos masiva que ten por obxecto detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran.
As familias que desexen participar poderán cubrir o cuestionario mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.
Para poder acceder a dita aplicación, cada familia recibirá unha clave que será entregada, polo centro educativo, en sobre pechado. O código só se poderá utilizar unha vez. En caso de ter algún problema con el ou precisar un novo, poderá poñerse en contacto coa dirección do centro e se lle facilitará outro novo.
O enlace para acceder á aplicación e onde debe teclear a clave ou código é o seguinte:
Segunda axuda para material
SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Segundo a Orde do 6 de novembro de 2015, poderán acollerse á segunda convocatoria de axudas para adquisición de material escolar, aquelas familias que non o fixeran na primera convocatoria ou que fosen excluídas por una causa enmendable.
Como na anterior convocatoria, estas axudas están destinadas ás familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 5400€.
A presentación de solicitudes realizarase na secretaria do centro de 11:30 h a 12:20h dende o día 11 ao 21 de novembro.
AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL
A Consellería vén de publicar hoxe, no DOG, a Orde do 25 de agosto pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas a alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos.
Para ter dereito a axuda é imprescindible ter unha renda per cápita, do exercicio do 2013, igual ou inferior a 5400€.
O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o 2 de setembro ata o 1 de outubro de 2015, na secretaría do centro de 11:30h a 12:30h
Unha vez presentada a documentación, poderase recoller o vale dos 50€ na secretaría do centro, en horario de 11:20 a 12:20 e os martes de 16:00 a 17:00h, dous días despois da entrega da solicitude.
Poderá recoller o vale unha persoa distinta á que solicita sempre e cando sexa autorizada, firme a recollida do vale e se faga responsable do mesmo.
Para máis información, podedes facer cilc aquí e ter acceso ao DOG.
VOLTA AO COLE
INFORMACIÓN
A dirección do centro quere informar a todas as familias de que as clases comezarán o xoves, 10 de setembro de 2015, en horario normal de 9:35 h a 14:35 h., para os alumnos que van comer á casa e, ata as 16:00 h, para os alumnos que fagan uso do comedor.
Os servizos de comedor e transporte funcionarán con normalidade dende ese mesmo día.
Libros de texto 2015/2016
LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2015/2016
Se queredes ver o listado de libros de texto para o vindeiro curso, facede clic no arquivo adxunto.
RECORDASE ÁS FAMILIAS DOS ALUMNOS DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE NON DEBEN MERCAR O LIBRO DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA (MÚSICA).
ATENCIÓN
ATENCIÓN
Debido a unha reunión de claustro de mestres, o luns 29 de xuño a secretaría do centro só estará aberta de 9.30h a 11:00 h
Fondo solidario de libros de texto
RECOLLIDA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO
As familias do alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria que teñan que recoller libros no centro educativo poderán facelo a partir da semana que vén, entre o 7 e o 9 de setembro. Aínda non están dispoñibles os libros de matemáticas e ciencias sociais.
Disculpade as molestias.
Moitas grazas.
Axudas para libros de texto
RECOLLIDA DOS VALES PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
As familias do alumnado que, rematado o prazo, solicitasen a axuda para a adquisición dos libros de texto (alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º), poderán pasar a recoller o VALE a partir do día 2 de xullo. O centro permanecerá aberto ata o 17 do mesmo mes.
Pregamos que entre o 1 e o 10 de setembro se entregue na secretaría ou na dirección do centro unha COPIA DO VALE, asinado polo solicitante da axuda e a libraría.
Moitas grazas.
GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO
Enviado por isabel o Mar, 2015-06-02 13:50O luns 1 de xuño saíron publicadas no DOG as axudas para a adquisición de libros de texto e o fondo solidario de libros de texto.
Explícase a continuación e a grandes rasgos o máis importante de cada unha das ordes.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (procedemento ED330B)
A INFORMACIÓN relativa a ditas axudas atópase na Orde do 22 de maio de 2015, publicada no DOG do 1 de xuño.
ALUMNADO AFECTADO: 1º, 2º, 4º e 6º de EP
IMPRESOS: poderanse recoller na Conserxería ou na Secretaría do centro ou ben facendo clic aquí
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 2 de xuño ao 30 de xuño. As solicitudes entregaranse na Secretaría do centro no seguinte horario:
Os luns, mércores e xoves de 11:30 a 12:50 h
Os martes e venres de 11:30 a 12:20 h
IMPORTANTE:
Para ter dereito á axuda o/a alumno/a terá que ENTREGAR NO CENTRO os libros adquiridos coas axudas do curso 2014/2015, ANTES DO 19 DE XUÑO, agás o alumnado de 1º e 2º e o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
A situación familiar e a renda per cápita establecerase con data a 31 de decembro de 2013.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
A INFORMACIÓN relativa a ditas axudas atópase na Orde do 21 de maio de 2015, publicada no DOG do 1 de xuño.
ALUMNADO AFECTADO: 3º e 5º de EP
IMPRESOS: poderanse recoller na Conserxería ou na Secretaría do centro ou ben facendo clic aquí
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 2 de xuño ao 30 de xuño. As solicitudes entregaranse na Secretaría do centro no seguinte horario:
Os luns, mércores e xoves de 11:30 a 12:50 h
Os martes e venres de 11:30 a 12:20
IMPORTANTE:
Para ter dereito á axuda o/a alumno/a terá que ENTREGAR NO CENTRO os libros adquiridos coas axudas do curso 2014/2015, ANTES DO 19 DE XUÑO, agás o alumnado de 1º e 2º e o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
A situación familiar e a renda per cápita establecerase con data a 31 de decembro de 2013.
Listaxe de admitidos
Listaxe de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2015/2016.
Xa está exposta na cristaleira do centro a relación de alumnos/as admitidos para o curso 2015/2016.
Os alumnos escolarizados no centro están directamente admitidos. A relación só inclúe os alumnos de nova incorporación ao sistema educativo (alumnos de 3 anos) e os alumnos procedentes doutros centros educativos que para o vindeiro curso solicitaron praza neste.
