Novas
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-2022
Publicadas as instrucións sobre funcionamento de comedores escolares para o curso 2021-2022.
Aberto o prazo de presentación de solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado.
O modelo de Autodeclaración poderá ser entregado no mes de xullo vía correo electrónico:
ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
Para a entrega en formato papel: do 1 ao 8 de setembro, no centro educativo.
Modelo de Autodeclaración (clica para acceder ao impreso)
Máis información:
Instrución 2/2021 comedores escolares
PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES E COLABORADORAS VOLUNTARIOS PARA O COMEDOR ESCOLAR
ANUNCIO DA APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP JOSÉ MARÍA LAGE COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022
Os pais/nais do alumnado deste centro de ensino que desexen ao longo do curso escolar 21/22 colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión a través do correo electrónico do centro ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
No asunto do correo indicarán COLABORADOR/A COMEDOR. No corpo do correo especificarán o seu nome e apelidos, nome do seu fillo/a e a súa intención de colaborar no comedor escolar durante o curso 21/22.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro.
INSTRUCIÓNS DE INICIO DE CURSO 2021/2022
No seguinte enlace poderedes acceder ás Instruccións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a
adquisición de libros de texto e material escolar
Curso escolar 2021-2022
Procedemento ED330B
ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG do 20)
Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia
Para presentación electrónica, entre na aplicación facendo clic aquí.
Para presentación presencial: utilice os Anexos I e II da Orde de convocatoria
Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace
Manual de usuario para os cidadáns: enlace
FORMA DE PRESENTACIÓN:
Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a
solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala,
obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro
(debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola
aplicación).
• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Anexo II – Autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante.
As autorizacións dos membros da unidade familiar distintos do solicitante figuran no anexo II, que aparece xunto
coa última páxina da solicitude, no caso da presentación presencial, e como un documento anexo adicional no caso
das solicitudes presentadas pola Sede Electrónica.
Debido ao cambio na normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso das persoas que figuren no
anexo II para consultar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, a falta desta, o certificado
tributario de imputacións do exercicio 2019.
PRAZOS ESTABLECIDOS POLA CONVOCATORIA:
Ata o 22.06.2021
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA:
- ANEXO I debidamente cuberto.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
a) Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.
b) Se o solicitante posúe DNI ou NIE:
▪ Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
▪ En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio
regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
SOLICITUDE ADMISIÓN 2021-2022
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2021-2022
CEIP JOSÉ MARÍA LAGE
Aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado ao CEIP José María Lage dende
o 1 ao 22 de marzo .
Documentación a presentar:
-Solicitude modelo anexo II, aprobado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, que poderá cumprimentarse na
aplicación admisiónalumnado ou descargarse e cumplimentarse de forma manual.
Tamén se poderá descargar , e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección
http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidfade e Formación
Profesional,na dirección http://edu.xunta.gal/portal/node/26923.
O centro facilitará, de forma gratuíta unha copia en papel do formulario ás persoas interesadas.
Coa solicitude , deberá achegarse :
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a ( libro de familia, DNI...)
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
Na mesma solicitude os representantes legais do alumno deberán manifestar se desexan ou non utilizar os
servizos complemetarios ( Transporte e comedor).
Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo do centro.
A solicitude poderá presentarse no centro ,en horario de secretaria ,de 11:25 a 12:20 horas ,previa cita, no
teléfono 881 93 04 17
IMPORTANTE: INICIO DE CURSO 2020-2021
DATAS DE INICIO DO CURSO 2020-2021
Segundo a resolución do 1 de setembro, a incorporación do alumnado este curso será gradual.
Xoves 10 de setembro incorpórase: Alumnado de 4º e 5º de Infantil
Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria
Venres 11 de setembro incorpórase: Alumnado de 6º de Infantil
Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria
ACLARACIÓN: O VENRES 11 É LECTIVO PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
