PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES E COLABORADORAS VOLUNTARIOS PARA O COMEDOR ESCOLAR
ANUNCIO DA APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP JOSÉ MARÍA LAGE COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022
Os pais/nais do alumnado deste centro de ensino que desexen ao longo do curso escolar 21/22 colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión a través do correo electrónico do centro ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
No asunto do correo indicarán COLABORADOR/A COMEDOR. No corpo do correo especificarán o seu nome e apelidos, nome do seu fillo/a e a súa intención de colaborar no comedor escolar durante o curso 21/22.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro.