Novas
CENTRO E DIXGAL PARA O CURSO 2020-2021
A Consellería de Educación acaba de facer pública a Resolución
definitiva de centros admitidos para participar no proxecto Educación
Dixital E-DIXGAL.
O CEIP José María Lage formará parte deste proxecto: No curso 2020-2021 comezará en 5º de educación primaira, e no curso 2021-2022 estenderase a 5º e 6º de educación primaria.
Máis información:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31281
TAREFAS DA SEMANA 11ª
Tarefas programadas para a semana 11: do 25 ao 29 de maio.
Titorías:
Especialistas:
Educación Física/Psicomotricidade
MODIFICACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
Programacións do 3º trimestre adaptadas segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
1º DE PRIMARIA
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica, Valores)
2º Primaria
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais)
3º Primaria
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica, Valores)
4º Primaria
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica, Valores)
5º Primaria
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica)
6º Primaria
ESPECIALISTAS:
Educación Física (2º a 6º de Primaria)
ORIENTACIÓNS DA SEMANA 8ª
Propostas de actividades para a 8ª semana: do 4 ao 8 de maio.
Proposta dos especialistas:
Proposta dos equipos:
INSTRUCIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
A Consellería publicou as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019-2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
No seguinte enlace poderedes acceder ao documento.
O centro a partir de ditas instrucións revisarán e adaptarán as programacións didácticas para o terceiro trimestre. Ditas modificacións serán publicitadas na páxina web do centro.
RETOMAMOS A ACTIVIDADE LECTIVA
Estimadas familias:
Despois do parón de Semana Santa toca "volver". Por desgracia, continuaremos o traballo desde casa.
Hoxe a Consellería fixo un comunicado ao que podedes acceder desde o seguinte enlace:
Comunicado do 13 de abril de 2020
Estamos pendente de novas instruccións da Consellería que agardamos que cheguen a finais desta semana. Informaremos en canto nos sexa posible.
Agradecemos todo o esforzo que estades facendo as familias para que os nenos continúen o seu proceso educativo.
Moito ánimo!
AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE
AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE
Estimadas familias:
O día 27 de marzo recibimos instruccións por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:
- A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
- Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.
Para dar cumprimento a estas instruccións o centro avaliará tomando como referencia os contidos e os instrumentos de avaliación que foron traballados e aplicados ata o día 12 de marzo.
As notas publicaranse o día 3 de abril ás 14:00 horas mediante a plataforma Abalar
( Abalar móbil ou Espazo Abalar).
As familias que non teñan descargada a aplicación Abalar móbil poden acceder ao manual proporcionado pola Consellería. (Enlace)
Desde o centro, aconsellamos que todas as familias descarguen Abalar móbil, para mellorar a comunicación familia-colexio.
Para calquera dúbida poden contactar co centro no correo:
ceip.josemaria.lage@edu.xunta.es
Moito ánimo para esta etapa tan difícil que estamos a pasar todos.
Un saúdo,
O Equipo Directivo
AXUDAS COMEDOR ESCOLAR COMO CONSECUENCIA DO COVID-19
AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA COMO CONSECUENCIA DO COVID-19
ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (Enlace ao DOG)
BENEFICIARIOS: Familias que cumpren os requisitos económicos que durante o curso escolar 2019/2020 pagan 0€ ou 1€ polo comedor escolar.
Prazo de presentación: dende o día 31 de marzo ata o 6 de abril (ambos inclusive)
Para máis información: enlace
IMPORTANTE:
No caso das familias que non dispoñan de identificación FNT ou Chave 365,
enviarán a maiores dos datos solicitados no enlace, titular da conta
bancaria e o código BIC SWIFT da mesma.
INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS
A suspensión das clases será desde o luns 16 de marzo e durará, en principio, catorce días.
Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información:
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020 (publicado o xoves 12 de marzo)
Novas instrucións en relación co COVID-19 (publicado o venres 13 de marzo)
A actualización desta fin de semana das web dinámicas da Consellería impediu actualizar a páxina web do centro.
En breve subiremos á páxina web as propostas de actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o alumnado as poida realizar dende o seu domicilio.
Tamén subiremos propostas que consideremos interesantes para aproveitar o mellor posible este tempo de permanencia nos fogares.
Estaremos á vosa disposición a través do correo do centro: ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
Un saúdo do Equipo Directivo
LIBROS DE TEXTO
GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
- ALUMNADO AFECTADO: 1º e 2º de EP e 2º e 4º da ESO.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
- ALUMNADO AFECTADO: 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º e 3º da ESO.
- OBRIGATORIO: Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2015/16.
A falta de devolución será causa de exclusión.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:
- ALUMNADO AFECTADO: alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial.
Para cada unha das modalidades:
-
IMPRESOS: poderanse recoller na Conserxería, na Secretaría do centro ou no portal educativo a través do seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988
-
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: ata o 23 de xuño de 2016.
-
ENTREGA DE SOLICITUDES: na Secretaría do centro no seguinte horario:
-
Os luns, mércores e venres de 11:30 a 12:50 h
-
Os martes e xoves de 11:30 a 12:20 h
-
A situación familiar e a renda per cápita establecerase con data a 31 de decembro de 2014.
