Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

6º Ed. Primaria

xogos cooperativos

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria realizaron varios Xogos cooperativos.

Neles todos e todas somos imprescindibles para lograr o obxectivo final.

Álbum: Curso 2022-2023 -> EF - cooperativo

Día Internacional Da Muller

 Para conmemorar o 8M -Día Internacional da Muller-, cada aula plantou unha planta en honra a unha muller.

As mulleres que presentamos son:

Ernestina Otero

Frida Kahlo

Úrsula Hilaria Celia de la Caridad Cruz Alfonso (Celia Cruz)

Natsuko Shoji 

Greta Thunberg

Maya Angelou

Susana Rodríguez Gacio

Elena García Armada

Ellen Johnson - Sirleaf

Todas elas destacan nalgún ámbito: ciencia, música, cociña, deporte...

Ademais do traballo feito en cada aula, fixemos unha posta en común con todo o centro, onde o alumnado foi presentando a muller que lles tocou.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 8M

Actividade con Bicicletas

O xoves pasado estino no noso colexio de novo, un ano máis, o campión de ciclismo Aser Estévez.

Fixemos un circuito e pasámolo moi ben.

Na actividade participaron o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria.  

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Bicis

Confección de disfraces

Para a elaboración dos disfraces de entroido tivemos que cortar, debuxar, pintar, coser...

Podedes ver unha mostra do noso traballo en fotos.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Disfraces 6º

Afundación 5º e 6º

O luns 30 de xaneiro os grupos de 5º e 6º de Educación Primaria fomos ver unha obra de teatro en inglés titulada: "Wha's monster"

Ao saír do teatro, que se celebrou en Afundación, recorremos algunhas das principais rúas da cidade de Vigo.

Podedes ver as fotos da nosa mañá a continuación.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Afundación 5º e 6º

Visita a Santiago de Compostela

O martes 10 de xaneiro as clases de 5º e de Educación Primaria fomos de excursión a Santiago de Compostela.

Visitamos a Xunta de Galicia, o Parlamento e a Cidade da Cultura.

Podedes ver unha mostra da nosa mañá no seguinte álbum.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Xunta e Parlamento 5º e 6º

Os nosos montes

O grupo de 6º creamos un vídeo para manifestar o rexeitamento aos incendios que destrúen os nosos montes.

En concreto, centrámonos no monte que temos ao carón do cole e que se viu afectado este verán.

 

Podedes acceder ao vídeo pinchando na seguinte imaxe.

 

25 N con CLARA CAMPOAMOR

O 25N CLARA CAMPOAMOR (Mónica Sueiro) visitou o cole para reflexionar co alumnado de 6º EP sobre o maltrato e os dereitos das Mulleres.

Clara Campoamor defendeu os dereitos femininos nas cortes españolas. Conseguiu que as mulleres tivesen dereito ao voto. Foi unha loita dura, demostrou que as mulleres teñen as mesmas capacidades que os homes, os mesmos dereitos a elexir.  Falamos de mulleres da historia como CLEOPATRA, ISABEL II, JUANA LA LOCA, NELLI BLY, SOPHIE  GERMAN, ROSA PARKS..., e tamén das mulleres iranís.

Se non se pode exercer a liberdade de nada nos serve. So sendo libres podemos aprender o que é a liberdade.

Grazas ao CIM  e a Concellería de Igualdade!

Álbum: Curso 2022-2023 -> MÓNICA SUEIRO

E TI, CON QUÉ ONG QUERES COLABORAR?

As alumnas e alumnos de 6º de Educación Primaria, para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente *5 de xuño* dan a coñecer ONG utilizando mateiriais reutilizables das súas casas!

Os traballos realizados  proporcionan información sobre as ONG que AXUDAN e PROTEXEN o medio ambiente.

Esta información anima ás persoas a que se unan ás ONGs e colaboren nunha labor tan necesaria e importante.

NORABOA polos traballos realizados e GRAZAS pola difusión!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut