Skip to Content

  Botón que abre a Web de Voz Natura   Botón do Plan Dixital             

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

6º de Educación Infantil

Festa da auga

O último día de clase celebramos a festa da auga no cole.

Fixemos diversos xogos e ata tivemos un tobogán inchable, foi xenial!!

E para rematar a mañá tivemos a festa da escuma!

Grazas a nosa ANPA por traernos este inchable tobobán tan molón! e grazas tamén pola festa da escuma!

Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos para clausurar o curso 2022 - 2023!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Festa da auga

Acto de graduación

O martes 20 de xuño tivemos o acto de graduación dos grupos de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria.

Foi un día moi emotivo para toda a comunidade educativa e moi especialmente para o alumnado e as familias destas dúas clases.

Gozamos de diversas actuacións que realizaron os nenos e nenas que se graduaban así como da actuación do dúo Tonichi y Pacheco.

Podedes ver unha mostra do talento que hai no cole nos seguintes vídeos.

Agardamos que vos gusten!!

 

Actuación de 6º de EP

Actuación de 6º de EI

Danza das Espadas interpretada polo alumnado de 6º de EP

Vídeo de despedida do alumnado de 6º de EP

Álbum: Curso 2022-2023 -> Graduación

Excursión de Fin de Curso

O 14 de xuño todo o centro realizou a excursión de fin de curso. 

Comezamos o día en VigoZoo onde varias guías nos foron levando polas instalacións e contándonos a historia dos animais que están actualmente alí.

Rematada a visitamos, fomos comer e experimentar con todos os recursos que ofrece o Parque O Son do Regueiro, en Mos.

Foi un día moi completo no que o pasamos moi ben!!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Excursión Fin de curso

Lecturas compartidas

Hoxe comezamos unha nova actividade no cole na hora de ler

AS LECTURAS COMPARTIDAS

Ata final de curso, realizaremos a hora de ler dos venres no patio e compartiremos ese tempo cos compañeiros e compañeiras doutras clases

Será unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado

Álbum: Curso 2022-2023 -> Lecturas compartidas

Día Internacional Da Muller

 Para conmemorar o 8M -Día Internacional da Muller-, cada aula plantou unha planta en honra a unha muller.

As mulleres que presentamos son:

Ernestina Otero

Frida Kahlo

Úrsula Hilaria Celia de la Caridad Cruz Alfonso (Celia Cruz)

Natsuko Shoji 

Greta Thunberg

Maya Angelou

Susana Rodríguez Gacio

Elena García Armada

Ellen Johnson - Sirleaf

Todas elas destacan nalgún ámbito: ciencia, música, cociña, deporte...

Ademais do traballo feito en cada aula, fixemos unha posta en común con todo o centro, onde o alumnado foi presentando a muller que lles tocou.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 8M

Elmer e o xogo

O que deixei antes sen subir !

Agora vai todo 

Bicos!!

ELMER

Bos días!

Adxunto algunha proposta para traballar o conto que nos leu Leire e o seu irmán. Tamén vos deixo un xogo que podedes disfrutar durante o verán se vos gusta.

Moitos bicos, vémonos para a semana

Feliz verán a tod@s!!!

CONTO ZOE

Bos días! Deixovos aquí a protagonista do conto de hoxe, por se algún se anima a decorala. Tamén tedes un xogo que podedes imprimir para xogar en parellas durante a fin de semana se querdes.

Un saúdo !!

ARCO DA VELLA

Queridas familias: deixo o enlace por se queredes utilizar este modelo do arco da vella que precisamos para a proposta de hoxe, se non podedes facelo como prefirades

 

Un saúdo a todos/as

EL MONSTRUO AZUL

BOS DÍAS!

DEIXO AQUI O MONSTRUO DO CONTO QUE NOS CONTOU VERA, PARA QUE OS QUE QUEIRADES O POIDADES COLOREAR!!

E TAMÉN  UN SUDOKU IMPRIMIBLE QUE ATOPEI POR SE VOS APETECE XOGAR DURANTE A FIN DE SEMANA

MOITOS BICOS

Distribuir contido


by Dr. Radut