Skip to Content

  Botón que abre a Web de Voz Natura   Botón do Plan Dixital    

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

2º Ed. Primaria

Festa da auga

O último día de clase celebramos a festa da auga no cole.

Fixemos diversos xogos e ata tivemos un tobogán inchable, foi xenial!!

E para rematar a mañá tivemos a festa da escuma!

Grazas a nosa ANPA por traernos este inchable tobobán tan molón! e grazas tamén pola festa da escuma!

Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos para clausurar o curso 2022 - 2023!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Festa da auga

Excursión de Fin de Curso

O 14 de xuño todo o centro realizou a excursión de fin de curso. 

Comezamos o día en VigoZoo onde varias guías nos foron levando polas instalacións e contándonos a historia dos animais que están actualmente alí.

Rematada a visitamos, fomos comer e experimentar con todos os recursos que ofrece o Parque O Son do Regueiro, en Mos.

Foi un día moi completo no que o pasamos moi ben!!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Excursión Fin de curso

Lecturas compartidas

Hoxe comezamos unha nova actividade no cole na hora de ler

AS LECTURAS COMPARTIDAS

Ata final de curso, realizaremos a hora de ler dos venres no patio e compartiremos ese tempo cos compañeiros e compañeiras doutras clases

Será unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado

Álbum: Curso 2022-2023 -> Lecturas compartidas

Contacontos - Sabela Gago

O venres 10 de marzo o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tiveron un contacontos a cargo de Isabel Gago.

Podedes ver unha mostra do ben que o pasamos nas fotos e no vídeo adxunto.

 

Vídeo - Isabela Gago

Álbum: Curso 2022-2023 -> Isabel Gago

Día Internacional Da Muller

 Para conmemorar o 8M -Día Internacional da Muller-, cada aula plantou unha planta en honra a unha muller.

As mulleres que presentamos son:

Ernestina Otero

Frida Kahlo

Úrsula Hilaria Celia de la Caridad Cruz Alfonso (Celia Cruz)

Natsuko Shoji 

Greta Thunberg

Maya Angelou

Susana Rodríguez Gacio

Elena García Armada

Ellen Johnson - Sirleaf

Todas elas destacan nalgún ámbito: ciencia, música, cociña, deporte...

Ademais do traballo feito en cada aula, fixemos unha posta en común con todo o centro, onde o alumnado foi presentando a muller que lles tocou.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 8M

VISITA NATURNOVA

No primeiro trimestre, os grupos de 1º e 2º de Primaria visitaron o CENTRO INTERACTIVO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL, Naturnova Afundación

Aquí deixamos unha pequena mostra da súa mañá:

Álbum: Curso 2022-2023 -> Saída a Naturnova

Actividades 3º Trimestre

A planificación do traballo e actividades a realizar  no 3º trimestre cos alumnos e alumnas de segundo de primaria son enviadas a través de correos electrónicos ás   familias mantendo un contacto diario de luns a venres a través do teléfono, whatsaap e e-mail

Distribuir contido


by Dr. Radut