Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Plans e proxectos

Proxecto Inspira STEAM

Programa Inspira STEAM

 

Inspira STEAM é un proxecto pioneiro da Universidade de Vigo para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, basado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía. Por primeira vez emplease a técnica do mentoring grupal nun proxecto de fomento das STEAM (Science - Ciencia, Technology - Tecnoloxía,  Engineering - Enxeñería,  Arts - Artes, and Maths - Matemáticas) 

Noso centro participa dende o curso 2021-2022 desenvolvendo o programa co alumnado de 6º de Educación Primaria, coa finalidade de espertar o interese pola ciencia e a tecnoloxía.

 Durante as 6 sesións de traballo realizadas entre xaneiro e febreiro con VANESA e SERGIO, abordáronse temas como os estereotipos de xénero que nos rodean, o seu traballo,  mulleres e ciencia ao longo da historia. Istos encontros entre os mentores e as nenas e nenos axudan a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, aclarar as súas motivacións e afianzar a súa autoestima para iniciar este camiño profesional, se así o desexan.

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> STEAM UVIGO 6º EP

Programa XOGADE

Dentro do Programa Xogade da Xunta de Galicia, o noso alumnado de 5º de Primaria participa en tres sesións de Iniciación ao Voley impartidas polo monitor Santiago.

Na cuarta sesión participaremos con outros centros nunha xornada de convivencia de dito deporte no IFEVI.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Programa XOGADE

Programa BOSQUE ATLÁNTICO

O alumnado de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria participou no PROGRAMA PARA DAR A COÑECER AS ESPECIES ARBÓREAS ORIXINAIS DO SUBSECTOR BIOXEOGRÁFICO "RÍAS BAIXAS". 

 O xoves 13 de abril realizaron a Actividade "Dentro do bosque", con un percorrido polo Campus Lagoas-Marcosende, no Cuvi (Vigo)Alí puideron ver as 25 especies de árbores autóctonas que se conservan na única zona das Rias Baixas:

Abeleira, Abruñeiro, Acereiro, Acivro, Amieiro, Bidueiro, Capudre, Carballo, Castiñeiro, Cereixeira, Érbedo, Espiño branco, Freixo, Hedra, Loureiro, Maceira brava, Oliveira, Pereira brava, Pradairo, Sabugueiro, Salgueiro, Sanguiño, Sobreira, Teixo, Ulmeiro.

 Grazas ao educador ambiental Marcos Guiadanes Figueiras por presentarnos o programa e grazas ao mestre Javi polas fermosas fotos!

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> BOSQUE ATLÁNTICO

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS E LEITE GALEGA 100% NA ESCOLA 2023

Resultado de imagen de onu 2021 año internacional de las frutas y verduras
 
O NOSO COLEXIO PARTICIPA NO "PROGRAMA ESCOLAR DE FROITAS FRESCAS E LEITE GALEGA 100% NA ESCOLA

CONCURSO POESÍA VISUAL

 

Os nenos/as de 5º e 6º curso de Educación Primaria do CEIP FONTES BAÍÑA

participaron no concurso de POESÍA VISUAL .

Fomos noticia no diario Atlántico.

Noraboa!

Álbum: Sen categoría -> CONCURSO POESÍA VISUAL

Técnicas de Liberación Emocional

Álbum: Sen categoría -> EFT

OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA

A ANPA do CEIP Fontes Baiña organizou a actividade «Coñecendo a contorna do noso colexio: o noso patrimonio» desenvolvida polo Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) mediante Obradoiros de arqueoloxía.
O alumnado aprendeu a facer lume de diversos xeitos, tallar pedras para conquerir útiles para cortar e cazar, a pintar como pintaban os nosos antepasados nas covas na idade de pedra, e analizarán os xeitos de vida dos primeiros homes e mulleres e como foron coñecendo as técnicas para subsistir primeiro como recolectores e despois como cazadores.
Convidamos ás familias a visitar a Exposición de calcos de petróglifos.

Cando o tempo o permita, haberá unha visita guiada pola Groba para ver in situ os garranos e o medio no que viven.

FOMOS NOTICIA no TELEMARIÑAS
Moitas GRAZAS a ANPA e o IEM por trasladarnos a idade da pedra!!!

 

 

 

 

 

 

 

CURSO 2019-2020

FESTA FIN DE CURSO

Distribuir contido


by Dr. Radut