Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Radio patio

21 de marzo de 2023: día da árbore coa comunidade de montes!

Grazas á comunidade de montes por traernos formación cos gardas forestais, plantacións de árbores, plantas e un agasallo para cada alumno/a de maceta con sementes. Agora noso cole está moito máis verde, agardamos os froitos!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Día da árbore- 21 de marzo 2023

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA!

No día das Bibliotecas Escolares de Galicia *24 de outubro de 2022* con moita Alegría inauguramos a nosa BIBLIOTECA CREATIVA !!!
 
Ao acto de inauguración acudiron as seguintes persoas:
 
  • SR XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA: CÉSAR ARES
  • SR INSPECTOR DE EDUCACIÓN: EDUARDO SECO
  • SR CONCELLEIRO DE VÍAS E OBRAS: ÓSCAR MARTÍNEZ
  • SRA CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE: ROSA DOMÍNGUEZ
  • DIRECTORA DO CPI COVA TERREÑA: ISABEL MARTÍNEZ
  • SECRETARIA DO CPI COVA TERREÑA: MARU ÁLVAREZ
  • COORDINADORA DA BIBLIOTECA DO CPI COVA TERREÑA: IRIA CHAPELA
  • DONA MARGARITA PÉREZ, (nosa anterior e querida inspectora)
  • DON XOSE MANUEL IGLESIAS: NOSO ASESOR ABALAR
  • DON DIEGO BARREAL: COORDINADOR DO PLAN DIXITAL
  • DON  PABLO SUÁREZ: EDITORIAL SANTILLANA
  • DONA ANA Mª ALAR: NOSA REPRESENTANTE DA ANPA
  • CLAUSTRO DE MESTRES DO CEIP FONTES BAÍÑA
  • ALUMNADO DO CEIP FONTES BAÍÑA
  • O MAGO DAVID MÉNDEZ
 
Coa axuda do alumno +xoven de 4º de infantil- LUKA e a alumna máis maior de 6º  de primaria- MARTA, cortouse o Lazo que deu por inaugurada a nova Biblioteca Creativa!!
 
O Mago David Méndez, cortesía da Editorial Santillana, realizou un fabuloso espectáculo de maxia e presentou á nova mascota: BIBLÚ.
 
Repartíronse as 2 mochilas viaxeiras: a mochila da Biblioteca Creativa e a mochila da Igualdade.
 
Para finalizar o acto realizamos fotografías e vídeos no Croma do novo espazo creativo.
 
O CEIP agasallou a todo o alumnado cun marcapáxinas e un doce.
 
 
GRAZAS A TODAS E A TODOS POR ACOMPAÑARNOS NUN DÍA TAN ESPECIAL E IMPORTANTE!!!
Álbum: Curso 2022-2023 -> INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA

Guía de boas prácticas nas SAÍDAS da poboación INFANTIL durante o estado de alarma

Prezadas familias:

Chegou unha boa nova para os nosos nenos e nenas! A partir de hoxe domingo 26 de abril poderán saír a dar un paseo! Adxuntamos unha guía para poder realizar estas saídas cumprindo as medidas de seguridade.

A disfrutalo!

CLICA NA IMAXE PARA PODER LER A GUÍA

INSTALACIÓN DE LUCES NO PAVILLÓN ESCOLAR

 

O martes 18 de maio 2021 comezaron coa instalación de luces no pavillón escolar.

Doa alimentos - Distribúe amor

O CEIP Fontes Baíña colabora coa CAMPAÑA SOLIDARIA DE ALIMENTOS.

As familias que voluntariamente queiran colaborar poderán enviar polos nenos/as alimentos non perecedeiros, do 9 ao 12 de febreiro.

Grazas.

 

SANTA IS HERE!

COMO ESTE  ANO FOMOS MOI BOS  PAPÁ NOEL visitounos cargadiño de AGASALLOS, e DOCES!

Grazas á nosa ANPA por escribirlle a carta!sodes XENIAIS!

-Preme na imaxe para ver o ÁLBUM-

Álbum: Curso 2020-2021 -> VISITA PAPÁ NOEL

Vémonos pronto...

Rematamos un curso cheo de imprevistos e adversidades pero todo o vivido fíxonos máis fortes a todas e a todos para volver con moito máis empeño e ilusión por mellorar.

Voltaremos cunha morea de Forzas e ILUSIÓNS renovadas!

 

Apertas e Bo Verán! 

 

CARTA DO ALCALDE DE BAIONA PARA TÓDOLOS NENOS E NENAS

Queridas nenas e nenos:

 

O alcalde de Baiona, Carlos, escribiu unha carta para vós, agradecendo e valorando o esforzo que estades a facer! Para poder lela clica en CARTA

 

A situación na que nos atopamos non é sinxela, pero temos que seguir coidándonos, e coidando aos que nos rodean. Xa queda menos. Moito ÁNIMO para todas e para todos! 

 

O CEIP DE FONTES TRIPLICA O ALUMNADO!

O 24/10/2019 O CEIP FONTES BAIÑA foi noticia no FARO DE VIGO!

Baixo o titular: O COLEXIO DE FONTES TRIPLICA O ALUMNADO TRAS O TRASLADO FORZOSO DO ALUMNADO DE 1º,2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria do CPI COVA TERREÑA.

Podedes ler a noticia con un clic en: XORNAL

A directora do CPI COVA TERREÑA envía un comunicado explicando os motivos polos que toda a etapa de Educación Primaria ten que ser trasladada ao noso CEIP:

CLIC EN:  COMUNICADO CPI COVA TERREÑA

 

COMEZO DAS OBRAS NO PATIO CUBERTO

No día de hoxe, 6 de outubro, deron comezo ás obras no patio cuberto que permanecerá pechado ata que rematen.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut