Igualdade

O alumnado e as familias da aula da profe Azu- 5º de Infantil- realizaron un ABECEDARIO DA MULLER, con diferentes profesións nas que homes e mulleres poden formar un gran equipo!

Grazas ás familias pola súa colaboración!

*clica na imaxe para velo*

O alumnado dos cursos 4º e 6º de infantil, 1º, 2º ,5º e 6º de Educación Primaria participaron no concurso deseño de carteis polo Día Internacional da Muller. Os carteis están expostos nos recunchos da igualdade do centro educativo. En ficheiros adxuntos podedes ver os seleccionados.

Grazas a todas e todos por participar!

¿ Por que hai máis magos que magas?

Da man de SARA RODRÍGUEZ e CARLOS TOMICO recibimos un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe moi importante:

coñecer ás mulleres ilusionistas!

  • ADELAIDE HERRMANN
  • A RAÍÑA DAS MOEDAS: TALMA
  • MISS BALDWIN
  • INÉS A MAGA

 

 

 Grazas ao CIM do concello de Baiona por este xenial espectáculo!

A concelleira de Igualdade do concello de Baiona -SHEILA GONZÁLEZ MARTÍNS- acompañada pola concelleira de Educación -NURIA LEYENDA- visitaron o noso colexio polo Día Internacional da Muller- 8M-

Trala presentación da campaña que reivindica os dereitos das mulleres en distintos ámbitos realizada en colaboración coa asociación Jumelages (irmanamento) da vila de Pornic na que participan mulleres de ámbolos municipios. O vídeo inclúe unha exposición fotográfica de IRENE SILVA de todas as mulleres participantes. Esta exposición circulará por tódolos colexios de Baiona.

A IGUALDADE É A RAZÓN

L' EGALITÉ C' EST LA RAISON

para ver o vídeo da campaña clica no enlace:

https://www.instagram.com/reel/C4QUOpJM9qt/?igsh=MWVpdjVtM2dzYWdsdg==

Esta mañá os máis peques do cole (Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria) disfrutaron dunha fermosa sesión de contacontos da man da compañía teatral Trinketrinke.

A  sesión titulada "Aprendendo a querer" achegounos á importancia de crear unha boa saúde afectiva, básica para o benestar e desenvolvementos das persoas así como a importancia de previr comportamentos violentos e saber detectar relacións insás.

Todos somos ÚNICOS e IMPORTANTES!

Querámonos BEN!

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria participa no programa Inspira STEAM.

Este é un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía. O corazón do proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria, achegan o seu día a día a nenas e nenos a través de seis sesións de traballo en horario lectivo. Todas elas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión etc.

Durante as sesións de traballo trátanse temas como os estereotipos que nos rodean, o traballo ou mulleres e ciencia ao longo da Historia. Con estes encontros entre mentoras,  nenas e nenos quérese axudar a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, a clarificar as súas motivacións e a afianzar a súa autoestima para iniciar o devandito camiño profesional, se así o desexan.

 

No seguinte link podedes ver un vídeo que explica moi ben o proxecto:

https://www.youtube.com/watch?v=sUvCFR4nWRA&t=17s

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> xornadas STEAM

Hoxe lembramos e conmemoramos un día moi importante: o 25 de novembro, día internacional en contra da violencia cara á muller.

No noso colexio, aprendemos que todos e todas somos iguais e merecemos respecto. Sabemos que a violencia non ten cabida nas nosas vidas nin en ningunha sociedade. Debemos ser empáticos e solidarios, escoitar e apoiar a quen precise a nosa axuda.

Lembramos a todas as mulleres valentes que loitaron polos seus dereitos e alzaron a súa voz contra a violencia. Admiramos a súa forza e coraxe, e comprometémonos a seguir o seu exemplo.

Todo o alumnado do CEIP FONTES BAÍÑA no marco do proxecto anual ¨a música e a expresión corporal: canta, baila, emociónate¨, mediante esta coreografía expresámonos en contra da violencia cara á muller. Prometemos ser aliados e defensores dos dereitos de todas as mulleres.

Grazas!!lazo violeta » Ajuntament d'Alzira

25 novembro de 2023. 

 

O Centro de Información á Muller (CIM) 

organiza coa concellería de igualdade de Baiona a programación do NOVEMBRO LILA,

con conta contos, actividades e accións en contra da violencia de xénero ao longo do mes de novembro.

O alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu un Taller de emocións e igualdade.

Preme no álbum para ver ver + imaxes.

Grazas Lucía por axudar aos nosos alumnos e alumnas a

buscar solucións como grupo

e xestionar as súas emocións.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> CIM

As xogadoras dos equipos do plan de patrocinio de equipos de alta competición de Galicia visitaron o noso cole como REFERENTES á hora de poñer en valor a importanica do deporte como medio de fomento da actividade física saudable, como medio de socialización e cohesión social e como ferramenta de loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero no deporte e, na vida.

Presentaron xogos ao alumnado de 5º EP que evocan a desigualdade de xénero no deporte para invitarlles á reflexión.

Álbum: Curso 2022-2023 -> xogos igualdade
Distribuir contido
Drupal theme by Kiwi Themes.