Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Canta baila é emocianate!

SAÍDA A VER O TRIBUTO AO MUSICAL “EL REY LEÒN”

PINCHA NA IMAXE  PARA ACCEDER AO VÍDEO.

 

P

Obradoiro de eco percussion para as familias

Grazas ás familias e alumnado participante no obradorio de eco percussión financiado polo Centro de Formación e Recursos de Vigo, no marco do proxecto anual do centro

CANTA. BAILA. EMOCIÓNATE!

Coreografía grupal en contra da violencia cara á muller

Hoxe lembramos e conmemoramos un día moi importante: o 25 de novembro, día internacional en contra da violencia cara á muller.

No noso colexio, aprendemos que todos e todas somos iguais e merecemos respecto. Sabemos que a violencia non ten cabida nas nosas vidas nin en ningunha sociedade. Debemos ser empáticos e solidarios, escoitar e apoiar a quen precise a nosa axuda.

Lembramos a todas as mulleres valentes que loitaron polos seus dereitos e alzaron a súa voz contra a violencia. Admiramos a súa forza e coraxe, e comprometémonos a seguir o seu exemplo.

Todo o alumnado do CEIP FONTES BAÍÑA no marco do proxecto anual ¨a música e a expresión corporal: canta, baila, emociónate¨, mediante esta coreografía expresámonos en contra da violencia cara á muller. Prometemos ser aliados e defensores dos dereitos de todas as mulleres.

Grazas!!lazo violeta » Ajuntament d'Alzira

25 novembro de 2023. 

 

Xincana de superheroes- alumnado IES 1º De Marzo

O alumnado de Animación Sociocultural do IES 1º De Marzo transformouse en...

Black panther, Scarlet Witch, Ben ten, Súper girl, Venom, Loky, Chico percebe, Tritón man, Flash e Mera !!!

Deseñaron unha xincana de xogos cos seus poderes máxicos e feitizos: bingo musical, procura de simbiontes, búsqueda de tesouros... Xogaron con todo o alumnado de Educación Primaria e xa estamos desexando que volvan!

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Superheroes IES 1º De Marzo!
Distribuir contido


by Dr. Radut