Skip to Content

Taboleiro

Plans de adaptación á COVID-19 *CURSO 2021- 2022*

Achegamos os enlaces aos documentos actualizados do COVID-19  para a súa consulta:

  • Plan de adaptación ao contexto COVID-19

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfontesbainha/?q=system/files/PLAN%...

 

  • Plan de acollida

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfontesbainha/?q=system/files/PLAN%...

 

  • Plan de continxencia

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfontesbainha/?q=system/files/PLAN%...

 

  • Anexos con organigramas de entradas, saídas,horarios,etc.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfontesbainha/?q=system/files/ANEXO...

 

  • Enquisa de autoavaliación covid

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfontesbainha/?q=system/files/ENQUI...

 

Doa alimentos - Distribúe amor

O CEIP Fontes Baíña colabora coa CAMPAÑA SOLIDARIA DE ALIMENTOS.

As familias que voluntariamente queiran colaborar poderán enviar polos nenos/as alimentos non perecedeiros, do 9 ao 12 de febreiro.

Grazas.

 

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS E LEITE NA ESCOLA

Resultado de imagen de onu 2021 año internacional de las frutas y verduras
 
2021 foi declarado pola Asamblea Xeral da ONU como o Ano Internacional das Froitas e as Verduras, para promover o aumento do consumo destos grupos de alimentos, reducir o impacto medioambiental e fomentar estilos de vida máis saudables. As froitas e verduras son a pedra angular dunha dieta saudable e variada.
O NOSO COLEXIO PARTICIPA NO "PROGRAMA ESCOLAR DE FROITAS E LEITE NA ESCOLA" DA UNIÓN EUROPEA.

SANTA IS HERE!

COMO ESTE  ANO FOMOS MOI BOS  PAPÁ NOEL visitounos cargadiño de AGASALLOS, e DOCES!

Grazas á nosa ANPA por escribirlle a carta!sodes XENIAIS!

-Preme na imaxe para ver o ÁLBUM-

Álbum: Curso 2020-2021 -> VISITA PAPÁ NOEL

S A M A Í N 2020

Así de terroríficos chegamos hoxe ao CEIP FONTES BAÍÑA!!

 

CONCERTO DIDÁCTICO!!

Hoxe CARME, a mestra de MÚSICA impartiu un CONCERTO DIDÁCTICO: 

 

Música, canto,  instrumentos, utensilios de cociña e labranza, traballos tradicionais,

papel da muller dentro da música tradicional, entidades musicais próximas,

festividades e celebracións galegas!!

 

 

 

 

 

 

Encantounos!!!

Moitas Grazas profe CARME!!

 

 

OFERTA DEPORTIVA Concello de Baiona-CURSO 2020-2021

Os interesados/as tedes que cubrir a FICHA DE INSCRICIÓN que está en ficheiros adxuntos e remitila ao seguinte mail:

deportes@baiona.org

Bolsas de AXUDAS para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. CURSO 2020-21

Informamos que o prazo de presentación de solicitudes para as BOLSAS DE AXUDAS para o alumnado con necesidade espercífica de apoio educativo remata o día 30/09/2020.

 

  1. As familias cubrirán, tal como indica a convocatoria, exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
  2. As familias presentan a solicitude no centro ata o 30 de setembro inclusive.

A DOCUMENTACIÓN que se precisa é a seguinte:

  • Fotocopia do DNI de tódolos membros da familia.
  • Certificado bancario de titularidade da conta: o alumno beneficiario da axuda ten que figurar como titular da conta.
  • Memoria expedida polo centro ou reeducador que preste o servizo, coa información detallada das características do mesmo, horas semanais, coste mensual e especialista que o presta.
  • Certificado de familia numerosa.
  • Certificado de discapacidade.
  • Calquera informe do servizo de saúde do Sergas.

Para acceder a WEB con toda a información prema enriba da palabra ENLACE

REUNIÓN INICIO DE CURSO 2020-2021

ESTIMADAS FAMILIAS:

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2020-2021

Convocámosvos a unha REUNIÓN presencial seguindo as debidas medidas de protección e suguridade.  Terá lugar no SALÓN DE ACTOS do centro no seguinte HORARIO:

 

MARTES 08-09-2020:

4º e de Ed. Infantil(3 e 4 anos) ás 09:30 H

1ºe 2º de Ed. Primaria ás 11:00 H

3º e 4º de Ed. Primaria ás 12:30 H

MÉRCORES 09-09-2020

6º de Ed. Infantil (5 anos) ás 10:00 H

5º e  6º de Ed. Primaria ás 12:00 H

 

Para unha mellor organización da volta ás aulas é moi importante a vosa asistencia. Explicarase o protocolo de adaptación do CEIP á situación covid-19.

Só poderá acudir á reunión un membro da familia por alumno/a.

Para acceder ao centro é obrigatorio o uso de máscara.

Antes de acudir á reunión tedes que facer na casa a ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-1.(ANEXO I) É imprescindible que a fagades pero non é preciso que a entreguedes en papel. En ficheiros adxuntos podedes ver o modelo.

AGARDÁMOSVOS!!!

 

ESCOLA DE VERÁN

Estimadas FAMILIAS:

O Concello de Baiona, abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán que se desenvolverá durante todo o mes de agosto no CPI COVA TERREÑA e no CEP de SABARÍS. Pódese presentar a solicitude dende o xoves 9 de xullo ata o luns 20 de xullo . As bases que rexen a convocatoria podedes descargalas na páxina web do Concello.

Nos seguintes FICHEIROS ADXUNTOS tamén podedes descargar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN, os ANEXOS II e III e as BASES. Para calquera outra cuestión podedes poñervos en contacto co CIM ou no seguinte enderezo electrónico: concelleria.igualdade@baiona.org

 

Distribuir contido


by Dr. Radut