Para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, en Infantil pensamos formas de xogar sendo respetuosos co noso contorno. Mirade que forma más económica e sinxela de pasalo ben.
O pasado mércores día 1 de xuño fixemos a saída de fin curso ao Eco-parque Multi-aventura Rías Baixas de Marín. Este tipo de parque ten como obxectivo agrupar nunha contorna natural aventura, educación, respecto pola natureza, coñecemento do medio e disfrute, mediante a actividade física.
Para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, unha das actividades foi a elaboración de xoguetes en colaboración coas familias na casa usando materiais reciclados. Estes xoguetes quedarán para xogar na escola.
Parabéns pola vosa creatividade e reutilización e reciclaxe de elementos para facelos! Sodes uns craks!
Rematando co proxecto "As conmemoracións e os seus valores" imos dedicarlle a segunda quincena de maio ao Día Mundial do Medio Ambiente. Temos previstas unha serie de actividades entre as cales podemos destacar a exposición de xoguetes realizados na casa con materiais reciclados que quedarán para xogar na escola, charlas sobre o Parque das Illas Atlánticas e outras actividades que xa se fixeron nos anteriores trimestres a fin de concienciar da importancia que ten o desenvolvemento sostible e o respecto pola Natureza.
O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria este luns fixeron un almorzo saudable.
O almorzo é moi importante nas primeiras etapas de vida. Os nenos/as que non almorzan teñen menos rendemento escolar, posiblemente por falta de glucosa que é o principal substrato para a actividade cerebral.
O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria este luns fixeron un almorzo saudable.
O almorzo é moi importante nas primeiras etapas de vida. Os nenos/as que non almorzan teñen menos rendemento escolar, posiblemente por falta de glucosa que é o principal substrato para a actividade cerebral.
O Equipo de Biblioteca do centro organiza unha serie de contacontos para a semana do 25 ao 29 de abril co gallo da celebración do 4º centenario da morte do noso escritor máis ilustre: Miguel de Cervantes.