Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Patio

Plantación de árbores da man de Juan, presidente da comunidade de montes

O alumnado de 1.º, 3.º e 5.º de Educación Primaria colaborou coa comunidade de montes coa plantación de 25 castiñeiros en Chan da Lagoa.

O alumnado de 2.º,4.º e 6.º de EP colaborou coa plantación de varias árbores froitais: laranxeira, pereira, maceira, limoeiro e nogueira, nas instalacións do CEIP Fontes Baíña.

Moitas grazas a Juan, presidente da comunidade de montes de Baíña, por agasallar ao colexio coas árbores e financiar o autobús.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Plantacións de árbores

Xincana de superheroes- alumnado IES 1º De Marzo

O alumnado de Animación Sociocultural do IES 1º De Marzo transformouse en...

Black panther, Scarlet Witch, Ben ten, Súper girl, Venom, Loky, Chico percebe, Tritón man, Flash e Mera !!!

Deseñaron unha xincana de xogos cos seus poderes máxicos e feitizos: bingo musical, procura de simbiontes, búsqueda de tesouros... Xogaron con todo o alumnado de Educación Primaria e xa estamos desexando que volvan!

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Superheroes IES 1º De Marzo!
Distribuir contido


by Dr. Radut