Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Dependencias

Dependencias

     O CEIP Fontes Baíña é un centro dunha liña, con tres unidades de Educación Infantil e seis unidades de Educación Primaria.

Ten unha Biblioteca Creativa, dous recunchos lectores da Igualdade, aula de usos múltiplesaula multisensorial, aula de convivencia e aula de plástica.  Ten boas instalacións deportivas, ximnasio, pavillón exterior, pistas de baloncesto, parque infantil e zonas verdes.

Tódalas aulas contan con equipos informáticos (ordenadores e pizarras dixitais interactivas).

O centro conta cos servizos complementarios de AULA MADRUGA, TRANSPORTE ESCOLAR e COMEDOR.

A ANPA organiza a Aula Madruga de 07:30 ás 08:50, e xestiona o comedor en horario 13:50 ás 16:00. Tamén ofertan diversas Actividades Extraescolares dende outubro ata maio, tódolos días agás os martes de 16:00 ás 18:00hh. A oferta das actividades depende dun número mínimo de alumnado. 

O Transporte Escolar está organizado pola Consellería de Educación. A empresa LUGOVE 5 realiza 2 liñas: Baíña e Baredo. 

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS para novo alumnado

 

INSTALACIÓN DE LUCES NO PAVILLÓN ESCOLAR

 

O martes 18 de maio 2021 comezaron coa instalación de luces no pavillón escolar.

REMATE DAS OBRAS NO CEIP DE FONTES

Remataron as obras de cambio de tellado e peche parcial do patio cuberto do noso centro.

 

COMEZO DAS OBRAS NO PATIO CUBERTO

No día de hoxe, 6 de outubro, deron comezo ás obras no patio cuberto que permanecerá pechado ata que rematen.

 

PRÓXIMO INICIO DAS OBRAS

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo coa directora do CEIP, Mª Lourdes Fernández e a comunidade educativa do CEIP Fontes-Baíña para anunciar o inicio inminente das obras de cambio de tellado no edificio principal así como o peche de dous laterais do patio cuberto.
O Conselleiro estivo acompañado polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal, a concelleira de Educación, Beatriz González, polo xefe territorial de Educación na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, así como por diferentes técnicos do departamento educativo.
A vindeira semana adxudicaranse as obras e en breve comezarase coas obras, que non interferirán o inicio do curso e nas que a Xunta investirá preto de 230.000 euros.

 

MELLORA DA CUBERTA E DO PATIO INFANTIL

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, visitou esta mañá o CEIP Fontes Baíña, onde a Xunta investirá preto de 230.000 euros para a mellora da cuberta e o patio infantil.

Coma explicou o encargado do proxecto, Faustino Mena, a reforma no colexio de Baiona suporá o cambio da cuberta actual de fibrocemento por outra de paneis mentres que no patio infantil se pecharán dous laterais do mesmo por estar “moi exposto” aos ventos. As obras contan cun prazo de execución de 2 meses e, coma dixo o delegado, realizaranse na época estival “para non interromper” o normal funcionamento do curso escolar.

Para máis información segue o enlace.

 

O CEIP de Fontes-Baíña

Distribuir contido


by Dr. Radut