Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Programa Inspira STEAM

 

Inspira STEAM é un proxecto pioneiro da Universidade de Vigo para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, basado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía. Por primeira vez emplease a técnica do mentoring grupal nun proxecto de fomento das STEAM (Science - Ciencia, Technology - Tecnoloxía,  Engineering - Enxeñería,  Arts - Artes, and Maths - Matemáticas) 

Noso centro participa dende o curso 2021-2022 desenvolvendo o programa co alumnado de 6º de Educación Primaria, coa finalidade de espertar o interese pola ciencia e a tecnoloxía.

 Durante as 6 sesións de traballo realizadas entre xaneiro e febreiro con VANESA e SERGIO, abordáronse temas como os estereotipos de xénero que nos rodean, o seu traballo,  mulleres e ciencia ao longo da historia. Istos encontros entre os mentores e as nenas e nenos axudan a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, aclarar as súas motivacións e afianzar a súa autoestima para iniciar este camiño profesional, se así o desexan.

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> STEAM UVIGO 6º EP
AdxuntoTamaño
TarjetasMujeresSTEAM_ES.pdf2.35 MB
TarjetasInspiraDescubrimientosSTEAM_ES.pdf1.35 MB


album | by Dr. Radut