Para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, o equipo de biblioteca organizou as seguintes actividades:
Moitísimas GRAZAS ás ALUMNAS, ALUMNOS, PROFESORAS e PROFESORES do IES 1º DE MARZO de ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA por...
Crear un ambiente que nos invita a imaxinar
Transportarnos a un mundo máxico
Axudarnos a soñar cos ollos abertos
HOXE 23 de abril, para conmemorar o día do libro, viñemos ao cole caracterizados coa portada do noso libro favorito! Nosas profes fixeron de fotógrafas e reporteiras! Subimos ao escenario para contar por qué nos gusta ou gustou o libro e recomendalo. Apareceron títulos novos que serán añadidos aos fondos da Nosa Biblio!!! As fotos das portadas colgarèmolas no TENDAL DO DíA DO LIBRO, situado na entrada do cole. Agardamos que a situción mellore para que poidades visitalo!
MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POR PARTICIPAR!
Na semana do 11 de febreiro, día internacional da muller e a nena na ciencia, as nenas e nenos do CEIP tiveron que buscar pola biblioteca CÓDIGOS QR coas tablets, que redirixian a páxinas do libro: "LAS CHICAS SON DE CIENCIAS", investigaron sobre 6 MULLERES CIENTÍFICAS: foto ou debuxo, nome, data e lugar de nacemento, por qué foi importante, seu lema e algúns datos curiosos...
Tamén realizaron un EXPERIMENTO que nos permitiu poñerlle luz á nosa mascota FONTUGA!!
As nenas e nenos de infantil coñeceron a JANE GOODALL e a DIAN FOSSY, AMIGAS DOS GORILAS!
Achegamos o álbun con algunhas fotos das xornadas, organizadas coa colaboración do equipo TIC!
A PAZ COMEZA CUN SORRISO.
TERESA DE CALCUTA
Non hai camiño para a paz,
a paz é o camiño.
GANDHI.
O equipo de Biblioteca organizou con moita ilusión a chegada do Nadal á nosa Biblioteca.
Ahegamos algunhas imaxes coas actividades propostas; Advento Lector, árbore de nadal e mural colaborativos así como algunhas actividades de repaso navideñas.
O EQUIPO DE BIBLIOTECA E NOSA MASCOTA FONTUGA DESEXAMOSVOS
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. A V Edición celébrase este ano 2020 o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.
As alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria recitaron un poema de Elvira Riveiro. As redes de Inés. Xerais.
CLICA NA IMAXE PARA PODER VELO!
Neste Día do LIBRO un tanto estraño decidimos dar VIDA ás nosas PORTADAS FAVORITAS! Clica no álbum e a ver se te atopas entre os teus/túas compañeiros/as!
GRAZAS a todas e a todos por participar!
Un traballo F A B U L O S O !
Estimados nenos e nenas:
No mes de febreiro suscribímonos á revista O Papagaio. Como non podedes lela na Biblioteca do cole adxuntamos en PDF o exemplar do mes de abril para que todas e todos poidades ler na casa.
Fai clic en: O PAPAGAIO
Abrazos virtuais!!