Igualdade
Para conmemorar o 8M -Día Internacional da Muller-, cada aula plantou unha planta en honra a unha muller.
As mulleres que presentamos son:
Ernestina Otero
Frida Kahlo
Úrsula Hilaria Celia de la Caridad Cruz Alfonso (Celia Cruz)
Natsuko Shoji
Greta Thunberg
Maya Angelou
Susana Rodríguez Gacio
Elena García Armada
Ellen Johnson - Sirleaf
Todas elas destacan nalgún ámbito: ciencia, música, cociña, deporte...
Ademais do traballo feito en cada aula, fixemos unha posta en común con todo o centro, onde o alumnado foi presentando a muller que lles tocou.
LUCAS ARCA TURRADO de 6º de Educación Primara deseñou a imaxe en contra da violencia cara a muller.
E con ela realizamos un taller de chapas para todo o cole!
Grazas Lucas e grazas á toda a aula de 6º EP por axudar aos máis cativos no taller!
- 11 lecturas
A finais do curso pasado realizamos un concurso na procura dun logo da igualdade para o noso CEIP.
O deseño gañador é o dun alumno de 5º de Educación Primaria:
ENZO CABALEIRO CAPERÁN
Noraboa e moitas grazas pola túa creatividade!
- 3 lecturas
Grazas á Excma. Diputación de Pontevedra e a Asociación ADEC (Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural) podemos acceder ao libro: "MULLERES PODEROSAS. MULLERES PERIGOSAS"
Podes pinchar sobre a portada para ver ou descargar o libro completo ou acceder directamente a través do seguinte enlace:
https://www.adec-galicia.es/index.php/archivos/885
- 4 lecturas
O Ministerio de Consumo coa colaboración de Yolanda Domínguez elaborou esta guía para a elección de xoguetes sen estereotipos sexistas.
Son múltiples os estudos que confirman a importancia do xogo como factor educativo e socializador durante a infancia. Xogar é aprender, ensaiar para a vida. Co xogo practícanse os roles que se desenvolverán e se agardarán dos demais no futuro. Un xogo ou un xoguete sen estereotipos sexistas, libre de restricións derivadas do que se supón que "é de nenos" ou "é de nenas", permite experiencias de aprendizaxe variadas e completas que son clave para o desenvolvemento intelectual, emocional e social pleno.
Esta guía serve de apoio para que as decisións sobre os xogos e xoguetes que ofrecemos á infancia estén cada vez máis libres de prexuízos sexistas, informando de xeito documentado sobre as vantaxes de ofrecer aos menores opcións de xogo equilibradas e variadas. Para que, con elo, todas e todos poidamos contribuír a construír unha sociedade máis xusta, libre e igualitaria.
MINISTERIO DE CONSUMO
*CLICA NA IMAXE PARA LER A GUÍA*
- 88 lecturas
Para conmemorar o 25 de Novembro, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, o 2º curso do ciclo superior de Animación Sociocultural e Turística do módulo de Actividades de Ocio e Tempo Libre, impartido por Nuria Fernández Segade, profesora e vicedirectora do IES 1º de Marzo, estivo no noso CEIP impartindo un obradorio de chapas cos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria!
Acto seguido, noso alumnado de 5º de Educación Primaria impartiu o obradoiro cos alumnos e alumnas de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria.
Moitísimas grazas a todas e a todos polo empeño e profesionalidade desenvolvidos!!!
Nuns días contaremos coa nosa propia máquina e realizaremos un obradoiro co lema elexido no CEIP en contra da violencia e o novo LOGO da IGUALDADE do CEIP Fontes Baíña.
- 109 lecturas
Título da canción: BOLBORETAS POLO VENTO
Autor: JOSE CARLOS GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
Ao piano:EVA FERNÁNDEZ REINALDO
- 106 lecturas
O 25N CLARA CAMPOAMOR (Mónica Sueiro) visitou o cole para reflexionar co alumnado de 6º EP sobre o maltrato e os dereitos das Mulleres.
Clara Campoamor defendeu os dereitos femininos nas cortes españolas. Conseguiu que as mulleres tivesen dereito ao voto. Foi unha loita dura, demostrou que as mulleres teñen as mesmas capacidades que os homes, os mesmos dereitos a elexir. Falamos de mulleres da historia como CLEOPATRA, ISABEL II, JUANA LA LOCA, NELLI BLY, SOPHIE GERMAN, ROSA PARKS..., e tamén das mulleres iranís.
Se non se pode exercer a liberdade de nada nos serve. So sendo libres podemos aprender o que é a liberdade.
Grazas ao CIM e a Concellería de Igualdade!
- 7 lecturas
Para conmemorar o 8 de Marzo as alumnas de 6º de EP organizaron un concurso de cociña titulado: MASTERIGUALDADE.
Os Paricipantes foron alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP.
O consurso consistiu na elaboración de un prato doce ou salgado cociñado na casa.
O nome do prato foi o de unha MULLER IMPORTANTE + unha breve descrición.
O Xurado estivo composto por 5 alumnas de 6º + 1 mestra.
Todos/as aos/as participantes recibiron un agasallo.
O 1º premio foi para ISABEL II ( Isis González Ribeiro ) por SALGADINHOS, un delicioso aperitivo brasileiro. Agardamos que o set de utensilios básicos de silicona e madeira che sirvan para seguir cociñando así de ben!
O 2º premio foi para LUCÍA FREITAS ( Lúa Goce López ) por un delicioso biscoito con frambuesa moi ben presentado! Seguro que co libro de doces poderás seguir cociñando moitos postres todo o ano!
O 3º premio foi para COCO CHANEL ( Alicia Rodríguez Miniño ) que preparou unha riquísima e gran tarta! Como di o teu prato de pizarra: MAXIA É ALGO QUE FAS.
NOSA MÁIS SINCERA NORABOA A TODOS E TODAS OS/AS PARTICIPANTES!
O NIVEL foi moi alto e resultou dificilísimo cubrir a RÚBRICA que tan ben realizastes; había moi boa PRESENTACIÓN, SABOR e ORIXINALIDADE !!!
- 9 lecturas
Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-8 de marzo 2022- realizamos una XINCANA POLA IGUALDADE, da man de DINAMO.
- 35 lecturas
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |