Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

6º Ed. Primaria

Surf

A semana pasada as clases de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria fomos á praia de Patos a facer surf.

Podedes ver as imaxes que recollen algúns dos momentos da nosa mañá a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Surf

Taller de Primeiros Auxilios

O mércores 22 de maio tivemos no centro un membro do 061, que impartiu un taller de Primeiros Auxilios a todo o alumnado.

Comezamos todos/as xuntos/as cunha charla sobre como actuar en situacións de emerxencia: pasos a seguir, onde chamar...

Tamén nos deu a coñecer os diversos medios sanitarios de emerxencia que existen: ambulancias, helicóptero...

A continuación fomos asistindo por grupos para realizar unha parte máis práctica, na que a través dunha situación de emerxencia fomos poñendo en práctica os coñecementos adquiridos e rematamos practicando a Reanimación Cardiopulmonar.

Podedes ver algunhas fotos a seguir.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Primeiros auxilios

Taller de hixiene bucodental

O luns 20 de maio realizamos un taller de saúde bucodental coa colaboración do equipo da Clínica Romeo.

Todas as clases asistiron á actividade, na que recibiron información importantísima sobre o coidado da súa boca, ademais de realizar algunhas actividades prácticas sobre cepillado dos dentes e da lingua.

Podedes ver algunhas imaxes a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Hixienista

Canción Biblú

Para rematar a conmemoración da Semana do Libro, realizamos un vídeo musical entre todas e todos. 

Cada aula inventou unha parte da letra da canción e unha coreografía.

Podedes ver o resultado da que xa é a nosa canción da Biblioteca Creativa clicando na imaxe.

 

Taller nutricional

O venres 23 de marzo todos os cursos participamos nun Taller de Nutrición Saudable.

Os máis pequenos e pequenas revisamos folletos para analizar cales eran os alimentos saudable e os que non.

Os de primaria, ademais de recibir información sobre o importante que é alimentarse de forma saudable e, sobre todo, nutrirse, realizamos un taller onde cociñamos algúns pratos moi ricos e sanos:

- Tortas de améndoa ou avena con ovo e froita

- Macedonia de froita variada

 

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> charla nutrición

Xornadas STEAM 2024

O alumnado de 6º de Educación Primaria participa no programa Inspira STEAM.

Este é un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía. O corazón do proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria, achegan o seu día a día a nenas e nenos a través de seis sesións de traballo en horario lectivo. Todas elas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión etc.

Durante as sesións de traballo trátanse temas como os estereotipos que nos rodean, o traballo ou mulleres e ciencia ao longo da Historia. Con estes encontros entre mentoras,  nenas e nenos quérese axudar a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, a clarificar as súas motivacións e a afianzar a súa autoestima para iniciar o devandito camiño profesional, se así o desexan.

 

No seguinte link podedes ver un vídeo que explica moi ben o proxecto:

https://www.youtube.com/watch?v=sUvCFR4nWRA&t=17s

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> xornadas STEAM

Taller de lettering de Nadal

No taller de Lettering do mes de decembro decoramos bólas de

Nadal.

Circo de Nadal

  Para rematar o trimestre todo o cole fomos ao Circo de Nadal a Vigo 20 ideas de Emojis de navidad | emojis, emoticonos, emoticones emoji

 

A continuación merendamos nun parque preto da Praza de América e rematamos

a mañá xogando alí.

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Circo Nadal

Recomendacións lectoras para Nadal

Chegou o Nadal e con el queremos recomendarvos algunhas lecturas para esta

época do ano. Pinchade nas imaxes para acceder ao arquivo.

 

Agardamos que sexan do voso agrado

 

Dende o Equipo de Biblioteca Creativa aproveitamos para desexarvos a todas e

todos que pasedes un agarimoso Nadal!

 

BIBLÚ agárdavos á volta con moitas sorpresas....

 

Servicio Integral de Reparación equipamento E-Dixgal

Nesta publicación podedes acceder á información referente as coberturas do equipamento do alumnado de 5º e 6º de Primaria que traballan co proxecto E-Dixgal.

É totalmente voluntario e as familias que desexen consultar a información sobre as características e cobertura do Servicio Integral de Reparación poden facelo clicando na imaxe.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut