Skip to Content

  Botón que abre a Web de Voz Natura   Botón do Plan Dixital    

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Actividades concello

Campamento urbán organizado polo Concello de Baiona

Escola de verán 2023 do concello de Baiona

Estimadas familias:

Adxuntamos as bases que rexerán a convocatoria para participar no programa conciliación escola de verán 2023 do concello de Baiona. 

 

Proxecto VINCÚLATE

 VINCÚLATE é un proxecto de traballo de intelixencia emocional a través de intervencións asistidas con animais. 

Ten como finalidade crear vínculos positivos de axuda ao desenvolvemento integral das persoas e polo tanto á creación dunha sociedade mellor.

En arquivos adxuntos podedes ver a función protagonizada polos nosos alumnos  e alumnas MARTÍN, AINARA, UNAI E ALEIX xunto con ÍTACA, que se portou súper ben.

25N. CADEA HUMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.Concello de Baiona

O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O CEIP Fontes Baíña uniuse á campaña:

 "En negro contra as violencias machistas".

O CIM (Centro de Información á muller) organizou unha

CADEA HUMANA contra a violencia de xénero no Concello de Baiona,

na que participamos xunto con todolos colexios do Concello.

Despois da cadea as nenas e nenos representantes dos centros educativos leron MANIFESTOS en contra da violencia machista.

 

Álbum: Sen categoría -> 25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

II Xornada *Tenis de mesa*

En arquivos adxuntos compartimos a información relativa a II xornada lúdica de TENIS DE MESA, a celebrar no pavillón municipal de Baiona, o sábado día 27/05 en horario de 10:00 a 12:00H. A actividade é de balde.

84,620 imágenes de Tenis de mesa - Imágenes, fotos y ...

I xornada lúdica de XADREZ

I XORNADA LÚDICA DE XADREZ:

Cándo? Sábado 25/02 

Ónde? Pavillón municipal de Baiona

 

Actividade de balde

Prazas limitadas (rigoroso orde de inscrición: descargar adxunto)

 

 

 

OFERTA DEPORTIVA Concello de Baiona-CURSO 2020-2021

Os interesados/as tedes que cubrir a FICHA DE INSCRICIÓN que está en ficheiros adxuntos e remitila ao seguinte mail:

deportes@baiona.org

ESCOLA DE VERÁN

Estimadas FAMILIAS:

O Concello de Baiona, abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán que se desenvolverá durante todo o mes de agosto no CPI COVA TERREÑA e no CEP de SABARÍS. Pódese presentar a solicitude dende o xoves 9 de xullo ata o luns 20 de xullo . As bases que rexen a convocatoria podedes descargalas na páxina web do Concello.

Nos seguintes FICHEIROS ADXUNTOS tamén podedes descargar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN, os ANEXOS II e III e as BASES. Para calquera outra cuestión podedes poñervos en contacto co CIM ou no seguinte enderezo electrónico: concelleria.igualdade@baiona.org

 

Distribuir contido


by Dr. Radut