Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

AL

Mestra de Audición e Linguaxe

Material A.L. Infantil, 1º e 2º Primaria (semana 15-19 xuño) Dragón

Ola!Xa chegamos ao final de curso e para rematar, ides construír un dragón moi especial. Facédeo coa axuda dalgún adulto e decorádeo como queirades. Cando sopredes por el, ides parecer auténticos dragóns botando lume pola boca. A practicar con todas as actividades que se prepararon durante estas semanas e pasádeo moi ben!

 

https://www.youtube.com/watch?v=OIst-1juaZo

 

Material A.L. 5º e 6º Primaria (semana 15-19 de xuño)

Ola rapaces!Chegamos á recta final. Tedes unhas actividades coas que ides aplicar todo o practicado durante estas semanas.Que vos divirtades!

Material A.L. Infantil, 1º e 2º Primaria (semana 8-12 xuño)

Ola nenos. Para estos días propóñovos que coa axuda dun adulto, fagades o voso muíño de vento e veredes que divertido é poder xogar co voso propio material. Para rematar, tedes tamén unha canción moi doada coa que precisaredes da axuda da señora lingua. A divertirse!

 

https://www.youtube.com/watch?v=n6C6gWsnxjA

https://www.youtube.com/watch?v=sgiBbfsi4Gw

 

Material A.L. 5º e 6º Primaria (semana 8-12 de maio)

Aquí tedes novas propostas de actividades para pasar un bo rato concentrados e descifrando textos ocultos. A práctica axudaravos a facelo cada vez mellor.

Material A.L. Infantil, 1º e 2º Primaria (semana 1-5 xuño) Sons animais

Ola rapaces!Prestade atención, coas vosas orellas, aos sons que ides escoitar e xogade a adiviñar de que se trata.

 

https://www.youtube.com/watch?v=Gk9R1UlNK2E

Material A.L. 5º e 6º Primaria (semana 1-5 de xuño)

Seguimos adiante coa nosa faceta investigadora. Estas pequenas actividades farán que poñades en práctica esa concentración e observación tan importante para acadar o que nos propoñen.

Material A.L. Infantil, 1º e 2º Primaria (semana 25-29 de maio) Pipa de sopro

Esta actividade precisa da axuda dun adulto para que fagades a vosa pipa de sopro con material de refugallo, coa que xogaredes e praticaredes de xeito divertido.Animádevos a enviar fotos do voso material feito e daquelas actividades xa propostas noutras sesións. Que vos divirtades!

 

https://www.youtube.com/watch?v=2epX5zjioOA

Material A.L. 5º e 6º Primaria (semana 25-29 de maio)

Preparádevos para novas actividades coas que ides demostrar a vosa capacidade de atención e observación de detalles. Se o intentades veredes que son moi doadas e amenas.

Material A.L. Infantil, 1º e 2º Primaria (semana 18-22 de maio) Cuento del gusano

Ola! Para esta semana, podedes ver en compaña dalgún familiar para que vos axude e xogue con vós, un conto moi especial. Espero que vos guste!

https://www.youtube.com/watch?v=imz9Ii3vhTs

Material A.L. 5º e 6º Primaria (semana 18-22 de maio)

Nesta semana ides poñer en práctica a vosa capacidade de rastrexo e descubrimento, como auténticos detectives. Ademais, seguiredes mellorando tamén, a vosa velocidade lectora. Continuádeo practicando coas vosas lecturas favoritas!

Distribuir contido


by Dr. Radut