Dependencias
O CEIP Fontes Baiña está situado no Concello de Baiona. Conta con dúas unidades de Educación Infantil e con seis unidades de Educación Primaria. Temos unhas boas instalacións deportivas; parque infantil; unha Biblioteca Escolar, cos dous recunchos lectores da Igualdade e con moitos e variados volúmenes; aula de usos múltiples, aula de informática( en proceso de ser equipada) e aula de plástica. Próximamente inauguraremos a aula de INNOVACIÓN EDUCATIVA.
Tamén contamos con aulas de apoio para alumnado con NEAE así como equipos informáticos en todas as aulas (ordenadores e pizarras dixitais inteactivas).
O centro conta cos servizos complementarios de AULA MADRUGA, TRANSPORTE ESCOLAR e COMEDOR:
A ANPA organiza a Aula Madruga de 07:30 ás 08:50, e o comedor de 13:50 ás 16:00. Tamén se ofertan diversas Actividades Extraescolares de 16:00 ás 18:00.
O Transporte Escolar organizado pola Consellería de Educación.
- 62 lecturas