Skip to Content

Dependencias

Dependencias

     O CEIP Fontes Baiña está situado no Concello de Baiona. Conta con dúas unidades de Educación Infantil e con seis unidades de Educación Primaria. Temos unhas boas instalacións deportivas; parque infantil; unha Biblioteca  Escolar, cos dous recunchos lectores da Igualdade e con moitos e variados volúmenes; aula de usos múltiples, aula de informática( en proceso de ser equipada)aula de plástica. Próximamente inauguraremos a aula de INNOVACIÓN EDUCATIVA.

Tamén contamos con aulas de apoio para  alumnado con NEAE así como equipos informáticos en todas as aulas (ordenadores e pizarras dixitais inteactivas).

O centro conta cos servizos complementarios de AULA MADRUGA, TRANSPORTE ESCOLAR e COMEDOR:

A ANPA organiza a Aula Madruga de 07:30 ás 08:50, e o comedor de 13:50 ás 16:00. Tamén se ofertan diversas Actividades Extraescolares de 16:00 ás 18:00.

O Transporte Escolar organizado pola Consellería de Educación.

 

 

 

 

REMATE DAS OBRAS NO CEIP DE FONTES

Remataron as obras de cambio de tellado e peche parcial do patio cuberto do noso centro.

 

COMEZO DAS OBRAS NO PATIO CUBERTO

No día de hoxe, 6 de outubro, deron comezo ás obras no patio cuberto que permanecerá pechado ata que rematen.

 

PRÓXIMO INICIO DAS OBRAS

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo coa directora do CEIP, Mª Lourdes Fernández e a comunidade educativa do CEIP Fontes-Baíña para anunciar o inicio inminente das obras de cambio de tellado no edificio principal así como o peche de dous laterais do patio cuberto.
O Conselleiro estivo acompañado polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal, a concelleira de Educación, Beatriz González, polo xefe territorial de Educación na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, así como por diferentes técnicos do departamento educativo.
A vindeira semana adxudicaranse as obras e en breve comezarase coas obras, que non interferirán o inicio do curso e nas que a Xunta investirá preto de 230.000 euros.

 

MELLORA DA CUBERTA E DO PATIO INFANTIL

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, visitou esta mañá o CEIP Fontes Baíña, onde a Xunta investirá preto de 230.000 euros para a mellora da cuberta e o patio infantil.

Coma explicou o encargado do proxecto, Faustino Mena, a reforma no colexio de Baiona suporá o cambio da cuberta actual de fibrocemento por outra de paneis mentres que no patio infantil se pecharán dous laterais do mesmo por estar “moi exposto” aos ventos. As obras contan cun prazo de execución de 2 meses e, coma dixo o delegado, realizaranse na época estival “para non interromper” o normal funcionamento do curso escolar.

Para máis información segue o enlace.

 

O CEIP de Fontes-Baíña

Distribuir contido


by Dr. Radut