Skip to Content

Lourdes -PT (Pedagoxía Terapéutica)

Mestra de Pedagoxía Terapéutica

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Somos a primeira comunidade en voltar á nova realidade. Noraboa a todas/os!!! Seguiremos tendo coidado, pero xa podemos disfrutar con máis liberdade.

Esta é a última semana do curso!!! Chegan as vacacións!!! Quero felicitar a toda a comunidade escolar polo traballo realizado!!! Tamén quixera darlles unha despedida especial ao alumnado de 6º Ed primaria que o próximo curso xa estará vivindo unha nova experiencia no IES. Deséxovos o mellor, e xa sabedes que vos votaremos moito en falta. Un bico e a disfrutar do verán!!!!

 

Semana do 15 ao 19 de xuño

 

Imos aprender unha canción para ver se pronto atopan unha vacina que nos

permita librarnos deste virus:

 

Maria Elena Walsh - La Canción de la Vacuna (3D) (2:42)

 

22ª sesión

 

La Gran Pregunta - Verdad (Capítulos completos)(5:06)

Actividade: É importante dicir sempre a verdade?

 

Luna cansada. Canticuentos (4:33)

Actividade: Que lle pasa á lúa? Que queren facer para animala?

 

Sílabas gla gle gli glo glu - El Mono Sílabo - Canciones infantiles(10:41)

 

Actividade: Dí e escribe unha rima con palabras que conteñan estas sílabas.

 

 

Silabas bla ble bli blo blu - El Mono Sílabo - Videos Infantiles(10:47)

 

Actividade: Inventa unha pequena historia onde podas incluir palabras con

esta sílabas.

 

 

23ª sesión

 

La Gran Pregunta - Decisiones(5:05)

 

Actividade: Que temos facer antes de tomar unha decisión?

 

 

Canción para Bañar la Luna - Canciones de María Elena Walsh (2:50)

Actividade: En que país están? Que flor colle do xardín? Que vota no nariz?

 

Con que come o arroz?

 

Sílabas pla ple pli plo plu - El Mono Sílabo - Videos Infantiles(11:47)

 

Actividade:Debuxo cousas que no seu nome conteñan estas sílabas.

 

Silabas cla cle cli clo clu - El Mono Sílabo - Videos Infantiles(10:01)

 

Actividade: Fai un sopa de letras con palabras que teñan estas sílabas.

 

 

24ª sesión

 

María Elena Walsh - Reino del Revés (3D) (3:31)

 

Actividade: Que sucede no reino de revés?

 

Sílabas bra bre bri bro bru - El Mono Sílabo - Canciones infantiles(10:10)

 

Actividade: Escribe palabras que teñan estas sílabas e fai oracións con elas.

 

Sílabas fra fre fri fro fru - El Mono Sílabo - Videos Infantiles(10:13)

Actividade: Con las palabras frasco, fresa, frío, froita e disfrutar inventa unha

receita.

 

Sílabas tra tre tri tro tru - El Mono Sílabo - Videos Infantiles(9:34)

Actividade: Fai un encrucillado con palabras que conteñan estas

sílabas.

 

 

 

 

 

 

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Esta semana entramos na Fase III !!! Esta é unha excelente noticia. Xa podemos movernos por toda Galicia. Si tendes familiares ou amizades noutra provincia podedes visitalos!!!

Seguimos en Estado de Alarma, non podemos esquecernos pero sí disfrutar máis e mellor destos preciosos días do mes de xuño.

E agora as actividades da semana.

 

Semana d8 ao 12 de xuño

 

19ª sesión

CUENTOFONOS: SALTA CANGURO - CUENTO CANCIÓN (5:05)

Actividade: Busca información sobre os canguros.

 

La Gran Pregunta - Héroes (5:17)

Actividade: Tí tamén eres unha heroína ou un heroe. Que superpoderes tes?

Que superpoderes che gustaría poseer?

 

Sílabas ge gi gue gui - El Mono Sílabo - Videos Infantiles (6:44)

Actividade: Imos inventar un crucigrama con palabras que se escriban con estas

sílabas.

https://www.educima.com/wordsearch.php

 

Sílabas ja je ji jo ju - El Mono Sílabo - Videos Infantiles (10:08)

Actividade: Tócanos buscar palabras que teñan estas sílabas e facer unha rima.

 

20ª sesión

La Gran Pregunta - Celos (5:05)

Actividade: Sentiches celos algunha vez? Como se poden superar os celos?

 

Aprende la letra "C" con Carlos el Cocinero - El abecedario (3:16)

Actividade: Fai unha sopa de letras con palabras que conteñan ca ce ci co cu.

https://www.educima.com/wordsearch.php

 

Aprende la letra Z con el zumba de Zoe - El abecedario(3:14)

Actividade: Busca palabras que leven a letra Z e inventa unha canción.

 

Cuentos infantiles Trasto un campeón en la Familia TDA-H (5:30)

Actividade: Que lle pasa a Trasto? Que debe facer para ser un campeón?

 

21ª sesión

La Gran pregunta–Imaginación(5:09)

Actividade: Imaxina que podes crear un mundo novo, como sería?

 

Sílabas am em im om um - El Mono Sílabo - Videos Infantiles (10:33)

Actividade: Crea un pasatempo na páxina web

 https://www.educima.com/wordsearch.php

 

 

Sílabas al el il ol ul - El Mono Sílabo - Videos Infantiles (9:54)

Actividade: Crea un pasatempo na páxina web

https://www.educima.com/wordsearch.php

 

Sílabas ar er ir or ur | El Mono Sílabo | Videos Infantiles (10:23)

Actividade: Crea o teu pasatempo na páxina web

https://www.educima.com/wordsearch.php

 

Cuentos infantiles Luna la Tortuga TDA-H (8:06)

Actividade: Que lle pasa a Lúa? Por qué ninguén quere traballar con Lúa?

En que consiste o “Xogo do eco”?

 

SEMANA O 1 AO 5 DE XUÑO

Xa empezamos o mes de xuño!!! Xa queda menos para as vacacións do verán!!! Seguro que pronto podremos disfrutar do sol e a praia...

Hoxe quero felicitar a todas as nenas e nenos que vos conectades comigo ao longo de todas estas semanas. Aprecio moito o voso entusiasmo, esforzo e ganas por seguir aprendendo e disfrutando desde as vosas casas, coa inestimable axuda das vosas familias !!!  Facedes que estos días nos que non podemos ir a escola, sexan máis amenos e divertidos!!!

Esta é a proposta para esta semana.

Semana do1 ao 5 de xuño

 

16ª sesión

Había un sapo (1:57)

Actividade: Tócanos cantar como nun Karaoke!!!

 

Cuentos de había una vez - El árbol que hablaba - Canal Pakapaka(10:40)

Actividade: Que utilidade lle atopou o lobo a árbore que falaba? Si te atoparas cunha

árbore que falase, que che gustaría que che contase?

 

LA MARCHA DE LA RISA DE LAS VOCALES - El Mono Sílabo(3:00)

Actividade:Repasa as vogais, cantando e rindo.

 

EL ALFABETO ABC ABECEDARIO. Cleo & Cuquin I Familia Telerín. (2:49)

Actividade: Imaxina que estás na praia e repasa o abecedario.

 

17ª sesión

Jugando al Eco (2:46)

Actividade:Volvemos ao Karaoke! Sigue a canción.

 

Cuentos de había una vez - El pájaro y la tortuga - Canal Pakapaka (15:01)

Actividade:Cal era o plan do paxaro? Como se librou a tartaruga do granxeiro?

 

La gran pregunta: Naturaleza - Canal Pakapaka (5:11)

Actividade:Que é a natureza? Como cambiamos as persoas a natureza? Que podemos facer?

 

EL ABECEDARIO de la A a la Z - Vídeo educativo para aprender las letras(1:08:56)

Actividade:De cara ao verán temos que repasar a lecto-escritura.

 

18ª sesión

CUENTÓFONOS: SAPO YURURÚ - CUENTO CANCIÓN (4:07)

Actividade: Imos facer unha rá de origami.

 

La Gran Pregunta - Elegir (Capítulos completos) (5:05)

Actividade: Elixir, escoller, decidir… Como poderías tomar unha decisión difícil?

 

Sésamo: ¡Rimar es divertido! (3:15)

Actividade: Inventa rimas, xa verás que divertido!

 

La Letra "R" - Capitulo especial de El Mono Sílabo - Educación para Niños (10:06)

Actividade: Practica buscando palabras que teñan os diferentes son da letra “R”.

 

Sílabas rra rre rri rro rru - El Mono Sílabo - Videos Infantiles (10:39)

Actividade: Escribe e le palabras que contañan “RR”

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Esta é a última semana de maio. Xa entramos na Fase 2. Pouco a pouco imos recuperando as nosas vidas, pero lembrade que debemos seguir coas medidas de hixiene e seguridade! 

Imos pasar un ratiño xuntos... divertíndonos coas actividades propostas. Preparados... empezamos!!!

Semana d25 ao  29 de maio

 13ª sesión

YOGIC / Yoga para niños - Cápsula "DJ's Hanu & Man" (3:40)

Actividade: Que empece a festa!

 

Canción de Títeres - Canciones Para Soñar | Petits Habitants(2:14)

Actividade: Quen é o protagonista? Cantos tipos de caramelos ves? Cal é o segredo?

Como se chama o sol? En que idioma canta o paxaro?

 

Cuento: "Clarita se volvió invisible" de Graciela Montes - Canal Pakapaka(7:32)

Actividade: Que lle pasou a Clarita? Que fixo Clarita na cociña? Que lle fixo ao seu

irmán? Que máis cousas fixo? Como deixou de ser invisible? Se foses invisible que

farías?

 

Frases que los niños deben decirse todos los días (Psicología Infantil) (1:24)

Actividade: Aprende estas frases e repíteas varias veces ao día. Sentiraste moito

mellor!

 

14ª sesión

Respira – videocuento(8:02)

Actividade: Agora tócache practicar…!!!

 

Autoestima presentado por Puros Cuentos Saludables(3:02)

Actividade: Fai unha lista coas cousas fantásticas que tí sabes facer!

 

Dúo KARMA – Del camino lo que ví.(2:24)

Actividade: Tócache debuxar. Fai algún dos debuxos que viches no vídeo ou inventa

outro.

 

Cuento: "La bruja Baba Yaga", adaptación del cuento popular ruso - Canal Pakapaka(8:22)

Actividade: Con que materiais están feitos os personaxes deste conto?

Intenta facelo tí empregando eses materiais ou outros parecidos.

 

15ª sesión

Cómo me siento hoy video - Canciones infantiles en español(2:52)

Actividade: Como te sintes hoxe? Aprende e canta a canción. FELIZ ja ja ja ja...

 

Dúo KARMA - ¿Qué será para enamorar?(3:20)

Actividade: Que materiais empregan para facer as imáxes? Intenta facer tí as árbores

con lá e botóns.

 

Cuento: "La Venganza de la Trenza" de Graciela Montes - Canal Pakapaka(8:03)

Actividade: Como é o pelo de Enma? Por que grita e chora? Que peiteado lle fai a súa

nai? Que lle pasaba no pelo a nai de Enma? Por que a súa nai non lle fai a trenza antes

de ir ao colexio?

 

La gran pregunta: Música - Canal Pakapaka(5:09)

Actividade: Que é a música para tí? Que tipo de música che gusta? Pon unha canción

que che guste, canta e baila!!! Disfruta coa música!!!

 

 

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Xa estamos na Fase I. Pouco a pouco imos recobrando a normalidade. Estou segura de que o primeiro que fichéstedes foi visitar ás avoas e aos avós, verdade? Estabades desexando darlles unha forte aperta e un gran bico...! Pero lembrade que todavía hai que gardar a distancia de seguridade, usar máscara e luvas, e lavar moi ben as mans!!!

Estas son actividades que vos propoño esta semana para que pasades un ratiño agradable cada día.

Semana do18 ao 22 de maio

 

10ª sesión

YOGIC / Yoga para Niños - Cápsula "El cuento de las mariposas" (5:54)

Actividade: Imos voar como as volvoretas!!!

 

La tortuga (Cuento para trabajar el autocontrol) - Técnica de Psicología Infantil(3:10)

Actividade: Agora tócache a tí. Pon esta técnica en práctica cando a precises.

 

Tutorial ritmo manos Vol. 2 (1:40)

Actividade: Inventa novos ritmos.

 

La gran pregunta: Arte - Canal Pakapaka (5:11)

Actividade: Fai a túa propia obra de arte. Emprega os materiais que queiras.

 

11ª sesión

YOGIC / Yoga para niños - Cápsula "Rugir como el león" (4:00)

Actividade: Xa sabes a técnica do león? Conecta co  seu poder: Har har har haar!!!

 

Conflicto, Negociacion y Trabajo en equipo (6:24)

Actividade: Proba a resolver os teus conflitos, negociando e traballando en equipo.

 

Encuentra la imagen diferente - Atención visual para niñas/os (5:38)

Actividade: Atopaches a imaxe diferente nos 10 niveis? Se non, proba outra vez!

 

La gran pregunta: Hogar - Canal Pakapaka (5:11)

Actividade: Cal e como é o teu fogar?

 

12ª sesión

YOGIC / Yoga para niños - Tutorial Meditación "Humee Hum Brahm Hum" (3:16)

Actividade: Eres capaz de seguir o ritmo? Noraboa!!!

 

Familia, habilidades sociales y conducta prosocial (3:17)

Actividade: Por que é importante respectar aos demáis?

 

Juegos de ritmo "Palos y Claves” (Juegos musicales para niñas/os) (2:14)

Actividade: Colle uns paliños e a practicar!! Inventa os teus propios ritmos.

 

La gran pregunta: Deseo - Canal pakapaka(5:09)

Actividade: Por que non podes ter todo o que queres?

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Como estades? Seguro que polo menos un pouco máis aliviados, xa que podedes saír unha ratiño cada día!!!

Para o resto do tempo, traiovos novas actividades. Seguimos pasandoo ben en familia e en contacto coa escola.

Esta semana seguiremos véndonos e divertíndonos xuntos. Ánimo!!!!

 

Semana do11 ao 15 de maio

 

7ª sesión

YOGIC / Yoga para Niños - CÁPSULA "Gana el que más se divierte" (4:19)

Actividade: A divertirse como se fósemos rás!

 

LAS EMOCIONES EN SITUACIONES (7:12)

Actividade: Que emocións teñen estes persoaxes?

 

Gimnasia Cerebral para niños - 6 ejercicios para aprender mejor (3:24)

Actividade: Practica estos exercicios para poñer en forma ao teu cerebro!

 

Te Quiero (casi siempre) - Yo soy Ratón y Anna LLenas (video liric) (4:05)

Actividade: Quen é Lolo? Quen é Rita? Como é Lolo? Como é Rita? Por que se enfadan?

Que fan para recuperar a súa amizade?

 

LA LUNA Dúo Karma (3:55)

Actividade: Fai os teus propios deseños empregando pasta de distintas formas e cores,

e galletas de tipos diferentes.

 

8ª sesión

YOGIC / Yoga para niños - Cápsula "La Locomotora Valiente" (3:18)

Actividade: Pasaxeiros ao tren!

 

Autoconcepto yAutoestima - Fundación PAS (3:59)

Actividade: Todos somos diferentes! E tí, que é o que se che da mellor?

 

Gimnasia cerebral (3:13)

Activa o teu cerebro: creatividade, comprensión, memoria...

 

Manejo de conflictos (3:27)

Actividade: Que sucede? Quen sae gañando?

 

Actividades musicales para casa (2:24)

Actividades: Prepara o material e inventa os teus propios ritmos!

 

9ª sesión

YOGIC / Yoga para Niños - TUTORIAL Canción del León (3:22)

Actividade: Canta e imita ao león cando está furioso.

 

Mis sensaciones y emociones - Fundación PAS (3:15)

Actividade: Expresa as emocións con xestos.

 

JUEGOS MENTALES PARA NIÑOS /Agilidad mental para el cerebro (3:17)

Actividade: Practica para mellorar a túa axilidade mental!

 

El Puente - Cortometraje Acerca de la Resolución de Conflictos - Sub ESP (2:15)

Actividade: Que animais foron máis listos? Como solucionaron o problema?

 

Ritmos zapatos (3:32)

Actividade: Colle os teus zapatos e a bailar!

 

Semana do 4 ao 8 de maio

 

Semana do 4 ao 8 de maio

Aquí tendes as sesións desta semana. Espero que o disfrutedes!!!

 

4ª sesión

YOGIC / Yoga para niños - Cápsula "Los astronautas del espacio Interior"(5:29)

Actividade: “SAT NAM” Xoga como se foses unha astronauta na súa nave.

 

EL MEJOR CORTO DEL MUNDO PARA FOMENTAR LA LECTURA (14:26)

The Fantastic Flying Books (Los Fantásticos Libros Voladores)

Unha historia divertida e moi orixinal que fará que vexas os libros coma os teus mellores

amigos.

 

PIM PAU • PICA PIEDRA (Juego de Manos)(1:45)

Actividade: Fíxate ben e repite os movementos. 

 

Plastilina Casera para Niños | Manualidades para Niños(3:41)

Actividade: Coa axuda dun familiar ou adulto responsable imos facer plastilina. Verás que chulo

e divertido!!! 

 

5ª sesión

YOGIC / Yoga para niños - Cápsula "Viaje al Bosque Encantado"(4:23)

Actividade: Canta e baila no bosque encantado.

 

CUENTOS INFANTILES - EL MUÑECO QUE HACE REÍR (10:04)

Actividade: Quen inventa os xoguetes? Como é o boneco da risa? Quen o inventou? Cal é o

conxuro que dí o boneco? Que consello lle deu a fada do regato cantarín? Como se chaman os

seus amigos, e por que se chaman así?

Que lle pasa as nenas e aos nenos cando o boneco lle toca coas súas mans?

Que nome lle puxeron ao boneco de plastilina? Quen creou o país da plastilina?

 

LA MASCOTA (Pollito Pío) • PIM PAU(2:16)

Actividade: Imita os movementos e canta. Que mascotas aparecen na canción?

 

 10 Ideas Fáciles con Plastilina paso a paso (26:30) Ratón (3:09)

Actividade: Coa plastilina caseira que fixemos na sesión anterior, imos facer un RATO! 

 

6ª sesión

YOGIC / Yoga para niños - Cápsula ¿Qué te dice tu intuición?(4:50)

Actividade: Pecha os ollos e escoita a túa respiración!

Aprende a meditar: SA TA NA MA

 

QUE LE PASA AL PLANETA (COMPLETO) (7:31)

Actividade: Que lle pasa ao planeta? Que podemos facer nós para axudar ao noso planeta a

recuperarse? Debuxa o planeta Terra.

 

El monstruo de la laguna(4:20)

Actividade: Móvete ao ritmo do monstruo da lagoa!

Fai unha manualidade: Colle unha cartolina negra e dous pauciños. Debuxa un peixiño e se che

axudan fai ao monstuo da lagoa, pégaos ao pau e a cantar e bailar!

 

10 Ideas Fáciles con Plastilina paso a paso (26:30) León (3:10)

Actividade: Coa nosa plastilina caseira imos facer un LEÓN!

Como tendes moitas ideas, podedes seguir facendo máis animais. Seguide as indicacións e a

divertirse!!!

 

 

Semana do 27 de abril ao 1 de maio

Ola a todas e todos!

Espero que tanto vós coma as vosas familias estedes en forma para afrontar esta etapa tan difícil, pero que seguro que si lle poñemos ganas e ilusión, aproveitaremos o tempo mellor!

Esta información que vou colgar na páxina web do centro, é para todo o alumnado que queira disfrutar dun ratiño de lecer, pero sobre todo para o alumnado de Infantil e 1º ciclo de primaria. Ao longo deste trimestre tratarei de realizar videochamadas en grupo ou individual, a través da webex co alumnado co que traballo habitualmente, e así podremos vernos as caras!!!! Si non fose posible buscaríamos a mellor maneira de facelo. De todos modos enviarei un correo as familias para manter o contacto diario e poder coordinar as sesións de traballo con elas. Faremos distintas actividades en cada sesión relativas a: Habilidades sociais, autocontrol e relaxación, autoestima e autoconcepto, emocións e sentimentos,  resolución de conflictos, psicomotricidade fina e grosa, lecto-escritura a través de contos e cancións, reforzo das materias sobre todo nos cursos superiores, manexo das novas tecnoloxías... Eu estou aberta a suxerencias e por suposto tratarei de resolver dúbidas e axudar na medida das miñas posibilidades ás necesidades que vaian xurdindo.

Moito ánimo e adiante!!!!!!

Se premedes a continuación veredes o enlace para instalar no voso computador: WEBEX (plataforma necesaria para facer as videochamadas). Enviarei un correo as familias para convocar as reunións. Estade atentas/os!!!!

Descargar WEBEX no ordenador https://www.webex.com/es/downloads.html

Servizo de videoconferencias Webex (alumnado)


 

Alumnado de 2º Ed. primaria

(Recomendado tamén para Ed. Infantil e 1º ciclo de primaria)

 

Semana do 27 de abril ao 1 de maio

 

1ª sesión

Obtén información actualizada sobre COVID-19.

 

Emna y Oliverio (COVID-19) (9:09)

Actividade: Colle un boneco e explícalle a algún membro da túa familia que é o

Covid-19.

Lavado de manos con los personajes de Sésamo (1:14)

Actividade: Vai ao cuarto de baño e practica o lavado de mans. 

YOGIC / Desafío Karaoke #yomequedoencasaconyogic(1:52)

 Actividade: Aprende e canta a canción.

Ejercicio "Respira" para niños (1:59)

Actividade: Agora e o teu turno, túmbate e practica a respiración.

 HAY SECRETOS – Canticuénticos (3:56) 

Actividade: Xa sabes que é un segredo. Tes algún segredo que debas contar aos teus

pais? 

LA HISTORIA DE MIMO Y LAS EMOCIONES (3:45)

Actividade: Debuxa os emoticonos das emocións. 

La Gran Pregunta - Ser justos (Capítulos completos) (5:05)

Actividade: Que é a xustiza para tí? Conta algunha experiencia na que non fosen xustos

contigo. 

 

2ª sesión

YOGIC / Yoga para Niños - CÁPSULA "Gracias, Thank You, Merci Beaucoup" (3:38)

 Actividade: Tócache practicar. Visualiza o video outra vez e trata de repetir os exercicios.

Giraluna, girasol - Canción infantil – Cantoalegre (3:30)

 Actividade: Debuxa un eclipse de sol.

Emociones y sentimientos | Canciones infantiles | LBB Junior (1:54)

 Actividade: Sentícheste así algunha vez? Que sucedeu no colexio para que te sentiras así?

Como se solucionou?

La Gran Pregunta - Familia (Capítulos completos) (5:05)

Actividade: Quen forma parte da túa familia? Hai algún membro da túa familia que non

coñezas? 

 

3ª sesión

YOGIC / Yoga para niños - Cápsula "La Alfombra Mágica de la Meditación" (3:55)

Actividade: Tócache practicar. Visualiza o video outra vez e trata de repetir os exercicios.

Chacarera de los Gatos - Canciones para Soñar | Petits Habitants (2:33)

Actividade: A donde van os gatos? Por que? En que van? Que lles pasou ali? Que é a

“chacarera"? 

Los sentimientos y las emociones (Inside out - Del revés) (3:57)

 Acitividade: Imita os saúdos según a emoción ou sentimento que representa. 

La Gran Pregunta - Mascotas (Capítulos completos) (5:05)

 Actividade: Tes algunha mascota? Que animal é? Debúxate coa túa mascota.

A realidade do momento

Estimadas familias

Neste pequeno recuncho atoparedes información relacionada coa situación que estamos a vivir, para poder explicarlles ao máis pequenos dun xeito máis sinxelo os motivos polos que non podemos ir ao colexio e tampouco sair da casa.

Os enlaces que poño a continuación están cheos de recursos que podedes aproveitar para pasar un rato agradable en familia, disfrutando coas persoas que máis queredes.

Un saúdo a todas/os e un forte abrazo.

Aquí atoparedes material para alumnado con neae:

http://aulaabierta.arasaac.org/materiales-caa-coronavirus

Está páxina é coñecida polo alumnado co que traballo polo que eles vós poden guiar:

https://arbolabc.com/

 

Nesta páxina poderán seguir avanzando no manexo do teclado e o rato, pois neste momento do

ensino online precisan ter certa soltura coas novas tecnoloxías:

https://www.mecanografia.com

Distribuir contido


by Dr. Radut