Ola!Xa chegamos ao final de curso e para rematar, ides construír un dragón moi especial. Facédeo coa axuda dalgún adulto e decorádeo como queirades. Cando sopredes por el, ides parecer auténticos dragóns botando lume pola boca. A practicar con todas as actividades que se prepararon durante estas semanas e pasádeo moi ben!
Ola nenos. Para estos días propóñovos que coa axuda dun adulto, fagades o voso muíño de vento e veredes que divertido é poder xogar co voso propio material. Para rematar, tedes tamén unha canción moi doada coa que precisaredes da axuda da señora lingua. A divertirse!
Aquí tedes novas propostas de actividades para pasar un bo rato concentrados e descifrando textos ocultos. A práctica axudaravos a facelo cada vez mellor.
Seguimos adiante coa nosa faceta investigadora. Estas pequenas actividades farán que poñades en práctica esa concentración e observación tan importante para acadar o que nos propoñen.
Esta actividade precisa da axuda dun adulto para que fagades a vosa pipa de sopro con material de refugallo, coa que xogaredes e praticaredes de xeito divertido.Animádevos a enviar fotos do voso material feito e daquelas actividades xa propostas noutras sesións. Que vos divirtades!
Preparádevos para novas actividades coas que ides demostrar a vosa capacidade de atención e observación de detalles. Se o intentades veredes que son moi doadas e amenas.
Nesta semana ides poñer en práctica a vosa capacidade de rastrexo e descubrimento, como auténticos detectives. Ademais, seguiredes mellorando tamén, a vosa velocidade lectora. Continuádeo practicando coas vosas lecturas favoritas!