Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

CóidaTe- CóidaMe

O lema do proxecto anual a traballar durante o curso escolar 2020-2021 é COIDATE- COIDAME.

Campaña escolar de fotoprotección ISDIN

Esta mañá acudiu ao noso cole Vanesa, farmacéutica e nai da nosa alumna MARTA de 4º EP. Veu a presentarnos a campaña escolar de fotoprotección ISDIN. Tras arranxar algún problema técnico a presentación foi todo un éxito! Todas e todos os nenos e nenas do cole recibiron os consellos para fotoprotexer ben a pel! Tamén se lles fixo entrega de un diploma para que non esquezan a información recibida e agasallos como unha pulseira fotosensible e mostras de crema solar faciais que o próximo luns nos protexerán do sol, posto que iremos pasar o día ao monte de Nigrán (Monteferro).

Moitas GRAZAS á farmacia de CRISTINA LOPERENA de Baiona pola labor de concienciarnos sobre a importancia do hábito dunha protección solar axeitada dende a infancia.

 

ISDIN SUN LAB 26 ANIVERSARIO

Álbum: Curso 2020-2021 -> Campaña ISDIN

E N T R O I D O * 2 0 2 1*

Estimadas familas:

Neste entroido non poidemos contar coa voa presenza,tocounos un entroido diferente pero alegre e cheo de hábitos saudables!!!

Grazas á profe de música por amenizarnos a xornada entroideira coa súa coreografía!

Grazas ás mestras/es polo seu traballo incondicional!

Achegamos o álbum coas fotos, o vídeo grupal subirémolo o xoves!

Apertas!

Álbum: Curso 2020-2021 -> ENTROIDO 2021

PLANETA HORTO

Fai uns días chegounos por sorpresa un agasallo ao CEIP:

Urban garden trolley kids! Un carro de xardín urbano infantil!

Todo o alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL coa axuda do noso conserxe Miguel e as profes sementamos leitugas, cenorias e ourego.

Agardamos que a colleita sexa boa!!!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut