Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Orientación inclusiva

Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade

 

clica na imaxe

CHEGAN OS PILKO PACO AO CEIP FONTES-BAÍÑA!

  SIGNIFICADO de PILKO PACO
Pilko-bola

Paco: paz

PILKO PACO: dentro ten 6 pedras porque 6 respiracións son as ideais: respirar e expirar polo nariz.

Realízase pedra por pedra: unha pedra inhalar-exhalar ata que notes que chega á barriga, céntrarse na respiración. O foco de atención é a pedra.
As respiracións lentas son as que calman os nervios.


Activamos 2 sentidos:
1. A vista
2. O tacto

Estase deseñando para setembro activar un terceiro e un cuarto sentido con guías concretas de uso informativas.

Este curso presentouse na aula de 1º EP.  A ferramenta estará a disposición de todo o alumnado na aula de convivencia.

(CP. INCLÚE)

A MAXIA DA ALEGRÍA

A través de este vídeo abrimos unha ventaniña para amosar o traballo coordinado polo  Departamento de Orientación dentro do programa InclueT, no que se traballou a emoción da ALEGRÍA co alumnado de Educación Infantil.

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO.

Plan Director contra o acoso escolar

Unha das actuacións seguidas dentro do Plan de Benestar Emocional foi a solicitude do Plan Director.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP recibiu dúas charlas sobre o acoso escolar e o ciberacoso, dúas formas de violencia que se dan tanto na escola como nas redes sociais.

As agresións poden ser:

  • Físicas
  • Sociais / Psicolóxicas
  • Sexuais

Segundo estudos sociolóxicos:

"Unha de cada catro persoas participou en casos de acoso sen darse conta"

"Unha de cada catro cre que hai casos de acoso na súa aula"

 

Artigo 19: Declaración Universal DEREITOS HUMANOS

(pdf adxunto)

Toda persoa ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión. 

https://youtu.be/6128OjtkOi8?si=HXkq7xc5FLA0XPhc

 

2 de maio, día internacional contra o acoso escolar

O CEIP Fontes Baíña esta mañá conectouse a youtube para ver o estreo do videoclip XERACIÓN ALPHA, canción composta polo alumno ANXO SOTELO do CEIP de Belesar. O compañeiro de 11 anos compuxo esta canción para dar a coñecer o seu sentimento cara o acoso escolar. Forma parte dunha mini banda chamada 42ºN.

Podes ver o videoclip oficial no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=1MsBmCJGXp8

A federación das ANPAS do Val Miñor da unha charla no centro neutral de Gondomar, local 18 o próximo xoves 09/05 ás 17:30h, inscrición previa no seguinte enlace:

https://favalmi.org/formacion-sobre-o-acoso-escolar/

Para ler a carta clica no adxunto

 

 

Convocatoria de BECAS NEAE para o curso 2024/2025

Coa data 19 de abril do 2024 publicouse no BOE o Extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

 

  •  AXUDAS ao apoio educativo:

O prazo para solicitar as axudas para o alumnado de Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

A solicitude hai que entregala presencialmente na secretaría do centro educativo.

  • Enlace para acceder ao trámite:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/...

clica na imaxe para ler a convocatoria:

 

 

2 de abril de 2024

No Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, a comunidade educativa do noso centro educativo, alzamos os nosos infinitos como mostra de solidariedade e compromiso coas persoas con autismo e as súas familias. Porque, tódolos días, o autismo está cerca de nós.

 

https://diamundialautismo.com/entender-el-autismo/

 

O símbolo do infinito con toda a gama de cores do arco da vella mostra a gran diversidade e singularidade que hai dentro do espectro autista.

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> 2 abril 2024

21 de marzo de 2024

Alumnado e profesorado do CEIP aceptamos a diferencia sen ningún prexuízo! No Día Internacional do Síndrome de Down vestimos calcetíns desaparellados porque teñen unha forma parecida aos cromosomas do noso compañeiro Marco.

 Clica na imaxe para ver o vídeo Cromocuento! 

 

 

Punto Laranxa

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do denominado Punto Laranxa en cada un dos centros de ensino. Trátase dun espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

O CEIP está a espera de recibir o material que conforma o mencionado Punto Laranxa, o cal será instalado nun lugar visible do centro e accesible para todas as persoas que forman parte da comunidade educativa.

Este punto consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar información relativa a unha posible situación de acoso ou ciberacoso escolar e, ademais, dun pequeno espazo onde o centro será quen de incorporar información adicional relacionada con esta temática.

No CEIP FONTES BAÍÑA constituiuse o denominado Equipo ACAE (Actuación Contra o Acoso Escolar), un equipo docente encargado de levar adiante as medidas establecidas no devandito protocolo con relación á detección e á intervención ante posibles casos de acoso e ciberacoso escolar. Este equipo está formado por:

  • A xefa do Departamento de Orientación: Noelia Fernández Colmenero
  • A coordinadora de benestar e convivencia: Montserrat Prado Abril
  • Un/unha docente nomeado/a pola dirección do centro para cada caso en función do alumnado implicado, que será a persoa instrutora do procedemento corrector, de ser necesario

Punto Laranxa contra o acoso escolar

As persoas  que dende casa queiran enviar unha mensaxe denunciando un posible caso de acoso escolar ou ciberacoso poden facelo a través da páxina web.

Premendo no botón punto laranxa, situado na parte superior dereita da páxina web do centro, ábrese unha caixa na que se pode escribir a mensaxe. Esta chegará ás integrantes do equipo ACAE, quenes revisarán diariamente  as posibles denuncias.

 

INAUGURAMOS A AULA DE CONVIVENCIA

O 30 de xaneiro de 2024, Día Escolar da PAZ E A NON VIOLENCIA inauguramos a AULA DE CONVIVENCIA disfrutando dun obradoiro de SONOTERAPIA impartido por Wellness Experiencia. Foi unha xornada na que disfrutamos alumnado e profesorado a través de diferentes estímulos sonoros promovendo unha sensaciòn integral de calma e benestar.

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut