Skip to Content

  Botón que abre a Web de Voz Natura   Botón do Plan Dixital   

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

5º Ed.Primaria

Lecturas compartidas

Hoxe comezamos unha nova actividade no cole na hora de ler

AS LECTURAS COMPARTIDAS

Ata final de curso, realizaremos a hora de ler dos venres no patio e compartiremos ese tempo cos compañeiros e compañeiras doutras clases

Será unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado

Álbum: Curso 2022-2023 -> Lecturas compartidas

Programa XOGADE

Dentro do Programa Xogade da Xunta de Galicia, o noso alumnado de 5º de Primaria participa en tres sesións de Iniciación ao Voley impartidas polo monitor Santiago.

Na cuarta sesión participaremos con outros centros nunha xornada de convivencia de dito deporte no IFEVI.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Programa XOGADE

Museo de Pontevedra 5º e 6º

O xoves 30 de marzo, as clases de 5º e 6º de Primaria fomos ao Museo de Pontevedra. 

O grupo de 5º visitou a exposición sobre "Prehistoria" mentres que a clase de 6º recorreu as salas da exposición "Trazos da arte contemporánea"

Álbum: Curso 2022-2023 -> Museo Pontevedra 5º e 6º

xogos cooperativos

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria realizaron varios Xogos cooperativos.

Neles todos e todas somos imprescindibles para lograr o obxectivo final.

Álbum: Curso 2022-2023 -> EF - cooperativo

Día Internacional Da Muller

 Para conmemorar o 8M -Día Internacional da Muller-, cada aula plantou unha planta en honra a unha muller.

As mulleres que presentamos son:

Ernestina Otero

Frida Kahlo

Úrsula Hilaria Celia de la Caridad Cruz Alfonso (Celia Cruz)

Natsuko Shoji 

Greta Thunberg

Maya Angelou

Susana Rodríguez Gacio

Elena García Armada

Ellen Johnson - Sirleaf

Todas elas destacan nalgún ámbito: ciencia, música, cociña, deporte...

Ademais do traballo feito en cada aula, fixemos unha posta en común con todo o centro, onde o alumnado foi presentando a muller que lles tocou.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 8M

Actividade con Bicicletas

O xoves pasado estino no noso colexio de novo, un ano máis, o campión de ciclismo Aser Estévez.

Fixemos un circuito e pasámolo moi ben.

Na actividade participaron o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria.  

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Bicis

Afundación 5º e 6º

O luns 30 de xaneiro os grupos de 5º e 6º de Educación Primaria fomos ver unha obra de teatro en inglés titulada: "Wha's monster"

Ao saír do teatro, que se celebrou en Afundación, recorremos algunhas das principais rúas da cidade de Vigo.

Podedes ver as fotos da nosa mañá a continuación.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Afundación 5º e 6º

Visita a Santiago de Compostela

O martes 10 de xaneiro as clases de 5º e de Educación Primaria fomos de excursión a Santiago de Compostela.

Visitamos a Xunta de Galicia, o Parlamento e a Cidade da Cultura.

Podedes ver unha mostra da nosa mañá no seguinte álbum.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Xunta e Parlamento 5º e 6º

Xa temos LOGO da IGUALDADE!

A finais do curso pasado realizamos un concurso na procura dun logo da igualdade para o noso CEIP.

O deseño gañador é o dun alumno de 5º de Educación Primaria:

ENZO CABALEIRO CAPERÁN

Noraboa e moitas grazas pola túa creatividade!

 

 

Despedida 5º

O curso 2021-2022 chegou ao sen fin.

Deixamos un pequeno vídeo recordando algúns momentos que vivimos na clase de 5º de Primaria 

Pincha no seguinte enlace para acceder ao vídeo

BO VERÁN!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut