OS ALUMNOS/AS DE TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECIBIRON A BRAULIO QUE NOS CONTOU A IMPORTANCIA DE SABER DIFERENCIAR CANDO TEMOS UNHA URXENCIA E PRECISAMOS ASISTENCIA INMEDIATA E CANDO NON.GRAZAS POR ENSINARNOS O CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN A EMERXENCIAS 112 SANITARIAS DE GALICA.
O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria este luns fixeron un almorzo saudable.
O almorzo é moi importante nas primeiras etapas de vida. Os nenos/as que non almorzan teñen menos rendemento escolar, posiblemente por falta de glucosa que é o principal substrato para a actividade cerebral.
Hoxe visitáronnos no centro Adrián e Bea do noso Concello para darnos unha charla sobre nutrición. Grazas a eles xa sabemos un pouco máis dos nutrientes, da diferenza entre alimentarse ou nutrirse, onde podemos atopar as distintas vitaminas, como é unha dieta equilibrada,...; remataron a exposición co vídeo de "Para estar sanos y fuertes"; e nos deixaron unha sorpresa-premio para cada clase. Agora que sabemos un pouquiño máis, a comer san!
Hoxe luns comezamos a semana o alumnado de 1º, 2º e 3º indo ao Auditorio de Baiona para ver o filme Maimiño. Despois visitarán a Carabela e merendarán no parque da Palma.
O alumnado de 3º de Primaria do CEIP de Fontes-Baíña participou no programa “Achegarse á igualdade” a través do teatro.
O programa, promovido polo Centro Municipal de Informacion á muller e a Concellaría de Igualdade de Xénero é cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.