A clase de Azu é a clase dos Dulcelocos, neste curso estamos nenos e nenas de 4 e 5 anos.
Somos 17 nenos e nenas de 5º e 6º de infantil, nenos marabillosos con moitas gañas de aprender, de descubrir, de sentir, de rir, de vivir, de soñar.....
Temos un blog que podedes ollar á marxe dereita da nosa páxina web, representado por unha espiral a espiral da vida... que nos dí como somos e como queremos ser sen olvidarnos do máis importante SER FELICES.... porque DULCELOCOS... pois porque somos moi dulces, cariñosos, amorosos, compañeiros.... e algo locos pero unha loucura moi gratificante que nos fai descubrir e aprender....
Durante esta cuarentena, estamos a traballar moito... a nosa forma de comunicarnos é a través do correo electrónico, de aplicacións de mensaxería intantánea e a través do noso blog, onde colgo actividades personalizadas para o meu alumnado.... algunhas destas actividades teñen contrasinal debido a que son propias miñas e adicadas a todos os nenos e nenas da miña aula para que adquiran as capacidades necesarias.
Se queredes coñecer un pouco máis como traballamos anímovos a que olledes o noso blog...