O mércores 22 de maio tivemos no centro un membro do 061, que impartiu un taller de Primeiros Auxilios a todo o alumnado.
Comezamos todos/as xuntos/as cunha charla sobre como actuar en situacións de emerxencia: pasos a seguir, onde chamar...
Tamén nos deu a coñecer os diversos medios sanitarios de emerxencia que existen: ambulancias, helicóptero...
A continuación fomos asistindo por grupos para realizar unha parte máis práctica, na que a través dunha situación de emerxencia fomos poñendo en práctica os coñecementos adquiridos e rematamos practicando a Reanimación Cardiopulmonar.
Podedes ver algunhas fotos a seguir.
Álbum: *Curso 2023-2024* -> Primeiros auxilios