Skip to Content

  Botón que abre a Web de Voz Natura   Botón do Plan Dixital    

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Música

VÍDEOS do concerto na Biblioteca Creativa

Para conmemorar o día da Paz, o día de Rosalía de Castro e o 8 de Marzo, o alumnado de educación primaria interpretaron tres cancións ao remate do 2º trimestre.

Noraboa a todos e a todas , foi moi emotivo e fermoso escoitar cantar aos nosos alumnos e alumnas acompañados/as ao piano pola mestra de música Eva Fernández Reinaldo.

 

A continuación podedes ver os vídeos:
 
VÍDEO 1: ALUMNADO 1º e 2º de EP
 
Video 2: ALUMNADO DE 3º e 4º de EP
 
Video 3: ALUMNADO DE 5º e 6º DE EP

Estamos de estrea!! PIANO NOVO

NO CEIP FONTES BAÍÑA portámonos moi ben; os Reis Magos trouxéronnos un fermoso PIANO para a aula de música.

Grazas ao xefe territorial CÉSAR A. PÉREZ ARES por este valioso agasallo!!!

LETRAS GALEGAS "Ferrol 1916"

Letras Galegas "Ferrol 1916"

Déixovos a estrea absoluta de “Ferrol 1916”, unha composición de Miguel Brotóns sobre o poema homónimo de Ricardo Carvalho Calero, interpretada polo pianista Alejo Amoedo Portela e a soprano Patricia Rodríguez Rico. Brotóns quixo transmitir “baixo unha estética musical de corte neoclásico e posromántico con pinceladas de nostalxia, agarimo e tenrura, os recordos pretéritos do paraíso perdido da infancia do poeta vividos na súa cidade natal de Ferrol”

 

SESIÓN DE CINE

 

Para conmemorar a festa da ARRIBADA da carabela Pinta a Baiona

viñemos o cole vestidos para a ocasión e tivemos un sesión de cine moi especial… Con palomitas!

A película elexida foi

BRAVE - VALENTE

Para rematar a sesión, a profe GEMA- ensinounos unha Danza Medieval a todas e a todos xuntos no patio do colexio.

Foi xenial!

 

 

 

Organización 3º trimestre

ORGANIZACIÓN 3º TRIMESTRE MÚSICA

 

Estimadas familias:

Como vos comentei por correo, a comezos de cada semana enviarei traballo a través do correo electrónico, nun arquivo adxunto onde explicarei as tarefas a realizar. Trátase sobre todo de tarefas de repaso e consolidación de contidos xa traballados que revisarei cando se reanuden as clases. No caso de que non se poidan reanudar indicareivos o xeito de enviarme as tarefas.

 

Déixovos unha marabilla da historia da música do compositor S. Rachmaninov.

 

Desfrutade moito escoitándoa!

 

Moito ánimo!!

 

Vídeo: "A música no camiño".

Podedes ver un pequeno vídeo que contén cousas sobre a música relacionadas co Camiño de Santiago.

A música no camiño (3º, 4º, 5º e 6º)

Tendes o xogo de kahoot e no PDF as  instruccións. Pasádeo ben! Boas Pascuas!

A música no camiño (Infantil, 1º e 2º)

Tendes o vídeo do comecocos musical e no PDF as preguntas e instruccións. Pasádeo ben! Boas Pascuas!

Actividades on-line música

Aquí tendes algunhas páxinas con recursos interactivos para a materia de música. Nenos e nenas, a practicar e disfrutar!

A MÚSICA VISITA FONTES BAIÑA

 

A visita dos profesores de música á escola de Fontes Baíña, foi todo un acontecemento polo privilexio de contar con tan excepcionais profesionais, que esperemos sementen un pouco máis o sentir da música tradicional galega nos nosos pequenos/as.

La visita de losprofesores de música al colegio de Fontes Baíña, fue todo un acontecimiento por el privilegio de contar con tan excepcionales profesionales, que esperemos siembren un poco más el sentir de la música en nuestros pequeños/as.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Moitas grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut