Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

4º Ed. Primaria

Xogos Populares 4º EP

O xoves 23 de maio a clase de 4º de EP asistiu a unha Xornada de Xogos Populares en Gondomar.

Na actividade participaron os colexios do Val Miñor.

Deixamos unhas fotos e un vídeo que resumen o realizado durante toda a mañá.

VÍDEO

 

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Xogos populares 4º

Taller de Primeiros Auxilios

O mércores 22 de maio tivemos no centro un membro do 061, que impartiu un taller de Primeiros Auxilios a todo o alumnado.

Comezamos todos/as xuntos/as cunha charla sobre como actuar en situacións de emerxencia: pasos a seguir, onde chamar...

Tamén nos deu a coñecer os diversos medios sanitarios de emerxencia que existen: ambulancias, helicóptero...

A continuación fomos asistindo por grupos para realizar unha parte máis práctica, na que a través dunha situación de emerxencia fomos poñendo en práctica os coñecementos adquiridos e rematamos practicando a Reanimación Cardiopulmonar.

Podedes ver algunhas fotos a seguir.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Primeiros auxilios

Taller de hixiene bucodental

O luns 20 de maio realizamos un taller de saúde bucodental coa colaboración do equipo da Clínica Romeo.

Todas as clases asistiron á actividade, na que recibiron información importantísima sobre o coidado da súa boca, ademais de realizar algunhas actividades prácticas sobre cepillado dos dentes e da lingua.

Podedes ver algunhas imaxes a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Hixienista

Casa Museo Rosalía de Castro

O 7 de maio as aulas de 3º, 4º e 5º de Primaria fomos a Padrón. 

Alí realizamos unha visita guiada pola Casa Museo de Rosalía de Castro. Puidemos coñecer datos sobre a súa vida e a súa familia que descoñeciamos.

Ao rematar fomos ata o Xardín Botánico-Artístico de Padrón onde puidemos merendar, ver disitntas especies vexetais e tamén xogar un pouco.

Podedes ver as imaxes da nosa mañá a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Casa museo Rosalía de Castro

Visita Eroski

As aulas de 3º e 4º de Primaria baixamos ata Baiona, onde visitamos o supermercado Eroski.

Alí explicáronnos como traballan e realizamos diversas actividades.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Eroski 3º e 4º EP

Nautilus e Hidra Segundo

O pasado mes de abril o alumnado de 3º e 4º de E.Primaria tiveron a ocasión de visitar o observatorio submarino "Nautilus", onde puideron ver o fondo da ría de Vigo.

Ao rematar foron ao barco de vapor "Hidria Segundo".

A continuación podedes ver algunhas das fotos do seu día na "Cidade olívica".

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Nautilus 3º e 4º EP

Canción Biblú

Para rematar a conmemoración da Semana do Libro, realizamos un vídeo musical entre todas e todos. 

Cada aula inventou unha parte da letra da canción e unha coreografía.

Podedes ver o resultado da que xa é a nosa canción da Biblioteca Creativa clicando na imaxe.

 

Taller nutricional

O venres 23 de marzo todos os cursos participamos nun Taller de Nutrición Saudable.

Os máis pequenos e pequenas revisamos folletos para analizar cales eran os alimentos saudable e os que non.

Os de primaria, ademais de recibir información sobre o importante que é alimentarse de forma saudable e, sobre todo, nutrirse, realizamos un taller onde cociñamos algúns pratos moi ricos e sanos:

- Tortas de améndoa ou avena con ovo e froita

- Macedonia de froita variada

 

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> charla nutrición

Taller de lettering 8M

No taller de Lettering que realizamos esta semana traballamos o 

8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

 

Semana da Prensa

Pola Semana da Prensa na escola,  as clases de 4º e 5º de Primaria participamos nunha actividade na que recibimos a visita dun xornalista que traballa na Voz de Galicia, Jorge Noya.

En primeiro lugar contounos en que consiste un periódico, cales son as súas seccións e como se organizan e outras moitas curisiodades relacionadas co seu traballo.

A continuación, en grupos, realizamos unha noticia a partir dos titulares que nos repartiu Jorge. Todos eles estaban relacionados co noso municipio.

Podedes ver algunhas fotos que resumen o que fixemos durante a actividade a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Semana da prensa
Distribuir contido


by Dr. Radut