Ed. infantil

Segunda semana da froita

Terminou a segunda semana da froita, pero todavía teremos dúas máis, unha en maio e a outra en xuño. Dende logo é todo un éxito, xa que o obxectivo principal está acadado, o fomento do consumo de froita, pero ademáis estamos a traballar outros aspectos relacionados. De momento deixamos as experiencias dos máis pequenos.


Utilizamos a aplicación Voki

Os nenos e nenas de 4 anos están a descubrir moitas cousas sobre China.

Na aula de informática estas últimas semanas utilizamos a aplicación VOKI, que nos permite elexir a súa vestimenta, a localización, porñerlle voz a diferentes personaxes, e  como non podía ser menos, falamos en CHINO; así dicimos ola e adeus. 

 

 

Samaín: actividades interactivas Educación Infantil

A vindeira semana celebramos no colexio a tradicional festa do Samaín. O EDLG realizou este libro interactivo, para que o alumnado de Educación Infantil e dos primeiros curso de primaria se divirtan aprendendo.

A casa do tío Nicanor. Pirilampo, libro-cd Lucecús.

A editorial Galaxia na súa coleción Sonárbore, ven de publicar en youtube a colaboración que os nenos e nenas de infantil 5 anos fixeron co grupo Pirilampo no seu disco Lucecús co tema "A casa so tío Nicanor"

Desfrutade!

 

O noso primeiro lip dub

Para poñer o broche de ouro á Semana das Letras Galegas, e despois de catro ensaios, por fin o venres 29 de maio fixemos a grabación do lip dub que promoveu o Equipo de Dinamización da Língua Galega do Colexio. Como veredes un traballo absolutamente entusiasta e colectivo de alumnado e profesorado. E todo coa canción "En galego, meu o mundo é", de Paco Nogueiras do seu libro-disco Brinca Vai!

Powered by Drupal - Design by artinet