Ed. infantil

PROPOSTA DE MÚSICA III

Aquí tendes dous cortos que podedes ollar cos rapaces:”Silly syphonies flowers and trees “(árbores e froles) e “Music Land” (o país da música).

Qué o disfrutedes! e unha aperta para todos! Begoña

 

MOITAS GRAZAS FAMILIAS: ANA

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS.

BUSCANDO TESOUROS

Neste tempo de quedar na casa, non podemos ir de viaxe por aí adiante. Pero si podemos converternos en piratas que percorren mares en busca de tesouros.

Aquí tes un mapa no que irás atopando eses tesouros que diferentes editoriais e plataformas poñen á nosa disposición de forma totalmente gratuita. Navegar polas historias e mergullarse nelas para vivir toda a súa maxia. Fai click nos botóns e xa verás.

Atréveste?

BAÍA EDICIÓNS: acceso gratuito a contos por idades (dous deles son de Cristina, a profe de Inglés do cole).

KALANDRAKA TV: un conto contado cada día (haino en galego e en castelán).

BRUÑO: acceso gratuito a varios contos.

XERAIS: acceso gratuito a varios contos de distinto nivel.

CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE: contos contados do colectivo Biblos Clube de Lectura.

PANDEMIA DE CONTOS: vídeo contos para diferentes idades (infantil, familiar e adulto) do colectivo NOGA narración oral galega.

CONTO DE BRUNO: vídeo conto de Bruno e a súa nai.

INICIATIVAS CONCELLO

Ola familias!!!

Deixámosvos aquí información sobre algunhas iniciativas que está levando a cabo o Concello no período da cuarentena: servicio de voluntariado, programa de beca comedor, talón restaurante, actividades infantiles, canguros a domicilo, entre outras.

Esperamos que os sexa de utilidade!!

INICIATIVAS CONCELLO

PROPOSTA DE MÚSICA II

 

Deixovos dúas cancións coas que podedes bailar cos nenos: "Soy una taza" e "Eu son un artista", dous xogos de diferenciar e adiviñar sons: "Jugamos a escuchar los sonidos de la casa" e " Los sonidos de instrumentos musicales. Discriminación auditiva".

Espero que vos goste!

E ánimo a todos. Axiña nos veremos!

Profe Begoña

PROPOSTA PSICOMOTRICIDADE V

Anímaste a xogar co coelliño de Pascua?

Por cada reto superado, recibirás do coelliño de Pascua un ovo cunha pista para atopar as sorpresiñas que che escondeu pola casa (podedes deixarlles ovos de chocolate, adhesivos, debuxos...).

Sin-t-tulo

Preme na imaxe para abrir o recurso.

Moito ánimo e forza familias, cada vez queda menos!!! Profe Bea.

INFORMÁTICA

Moi boas, familias!

Ademais dos xogos online recomendados na entrada “Planificación dos días sen colexio” cos que xogamos nas clases de informática, e dado que esta situación se está alargando, déixovos dous novos xogos.

  • Xoga con Fervello

É un xogo que fomenta o desenvolvemento de capacidades de aprendizaxe das 3 áreas de Educación Infantil.

Consta de 4 unidades cun total de 11 xogos para nenos de 3 a 5 anos.

Sin-t-tulo

Preme na imaxe para abrir o recurso.

  • A pulga Leocadia

Consta dun conto interactivo e unha serie de actividades deseñadas especificamente para apoiar o desenrolo dalgunhas das nocións básicas do currículo de Infantil.

Para nenos de 2 a 5 anos de idade.

Sin-t-tulo

Preme na imaxe para abrir o recurso.

Ánimo! Unha aperta moi grande.

Profe Bea.

PROPOSTA PSICOMOTRICIDADE IV

Nesta nova proposta, déixovos nesta imaxe interactiva un conto motor (imos contando o conto e explicándolles os movementos a facer), un xogo dos animais da sabana africana (para imitar a súa  forma de desprazarse), as pegadas dos animais (para repartir pola casa) e unha folla de explorador/a para saber de que animal son as pegadas. 

Tamén inclúe a canción “De safari” do libro CD “As Maimiñas: unha viaxe polo mundo”, para compartir un ratiño de baile e expresión corporal.

Con esta proposta preténdese favorecer o desenvolvemento do control muscular e a coordinación, fomentar a intelixencia, creatividade, atención e fortalecer o vínculo afectivo coa familia. 

Mándovos moitos biquiños e unha forte aperta!!! Espero co pasedes moi ben!!!

PROPOSTA DA ACTIVIDADE DE MÚSICA I

 Ola familias, déixovos uns pequenos cortos de disney para celebrar a primavera: Paxaros en primavera (birds in the spring) e Sinfonía da granxa (farmyard simphony). Este último, e aproveitando que vai vir o día das letras galegas, podedes irlle dicindo os nomes dos animais que aparecen: galiña-pitos, vaca-cuxo, ovella-año, égoa-poldro, cocha-leitóns... así como, o nome dos sons que fan: piar, muxir, balar, rinchar...

 

 Espero que vos atopedes ben, moito ánimo.

 

Profe:Begoña
 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet