3º Ciclo

Crecendo co Proxecto Semente

O xoves 11 de abril unha representación do alumnado de 6ºEP trasladouse ao Palacio de María Pita para recibir de man do alcalde, as licenzas das dúas cooperativas creadas en cada curso dentro do programa municipal de fomento do cooperativismo e actividade emprendedora - Proxecto Semente. A finais do mes de maio terá lugar a gran venda de produtos da que estaredes debidamente informados.

O alumnado de 5ºEP no Pleno Infantil

O luns 19 de novembro participamos no pleno infantil con outros compañeiros da cidade. Fixemos reflexións e peticións ao Alcalde para mellorar a situación da infancia na cidade e no resto do mundo. Aqui podedes ver algunhas imaxes e enlaces a outros medios informativos que recolleron a noticia.

VÍDEO EN LA OPINIÓN DE A CORUÑA

Obra de teatro no Samaín 2018

Moitas gracias as nais, pais e alumnado de 5º e 6º de primaria que un curso máis crearon e representaron esta obra que contou cunha gran acollida na noite do Samaín. Tamén a Juan . titor de 6ºA, que colaborou cos rapaces na decoración específica e iluminación.

Estudando as algas en sexto

Aquí vos deixamos unha reseña desta interesante actividade realizada polo alumnado de 6ºEP en colaboración coa Universidade de A Coruña. Unha actividade de pequenos investigadores realizada no ámbito das ciencias naturais e impulsada pola alumna de prácticas da UDC, Lorena Portela e o seu titor no cole Juan J. Fernández.

 

Novidades EDIXGAL

Dende este curso 18/19, o alumnado de 5º e 6ºEP conta con tres novidades destacadas:

  1. A incorporación da Editorial Planeta aos contidos das diferentes materias
  2. Os armarios de carga das aulas están adaptados aos novos equipos.
  3. A existencia dun Servizo Premium de soporte de atención telefónica para centros e familias.

Na reunión do luns 24 nas titorías, afondaremos en estas e outras novidades.

Despedida do alumnado de 6º de Primaria

Un día antes do remate final do curso celebramos a graduación e despedida do alumnado de sexto de primaria acompañados de familias e profesorado. Como sempre un emotivo e bonito acto cheo de sonrisas, bágoas, e familiaridade. Dende aquí desexámoslles a mellor das sortes para todas e todos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet