Taboleiro

Xa estamos de volta - Curso 23/24

Saudamos a todo o alumnado e familias do centro e vos damos a benvida a este novo curso escolar 2023-2024. Xa estamos a traballar na preparación e organización deste novo curso académico. Este curso e despois de dez anos, volveremos a ter dúas aulas por curso, non haberá ningún desdobre. Gracias a isto contaremos de novo cunha aula específica de música, cunha nova aula para relixión e algunhas novidades que presentaremos no futuro. Para empezar xa tedes a vosa disposición a información dos novos-as titores-as e especialistas para este novo curso. Entre o luns e o martes publicaremos as listaxes de material escolar para primaria.

Lembramos ás familias de 3 anos que teñen unha reunión informativa moi importante o vindeiro martes 5 ás 12h no salón de actos. Ademáis nesa reunión podedes entregar o material do voso fillo-a a cada unha das mestras.

Seguide atentos-as á web para recibir información detallada e puntual de todo o que acontece neste curso.

Non olvidedes que o luns 11 de setembro empezan as clases ás 9h.  

FESTA FINAL DE CURSO

Chegou o final do curso 22-23. O remate, por fin, e novamente dun curso "normal". O celebramos coa Festa de xogos e pola tarde despedimos a unha nova promoción do Fdez Latorre, e xa van trinta e unha!!. Moitas felicidades e grazas a toda a comunidade educativa.

Tamén os peques de 5 anos, acompañados polas familias e as súas mestras desfrutaron nun bonito acto a súa despedida de Educación Infantil.

Saídas do 3º trimestre

Iniciamos o terceiro trimestre do curso e xa temos planificadas a maioría das actividades complementarias e extraescolares para os diferentes cursos neste tramo final. Podedes ter información de elas facendo clic na seguinte imaxe. Lembrade que é un documento que pode sufrir variacións en función das previsións meteorolóxicas ou outros factores, en todo caso sería actualizado.

Portas abertas. Admisión de alumnado 23-24

Este ano retomamos a plena normalidade e polo tanto realizaremos a tradicional XORNADA DE PORTAS ABERTAS O VINDEIRO LUNS 6 DE MARZO ÁS 18,15H. Tamén poñemos a vosa disposición dúas presentacións de imaxes das instalacións do colexio, unha delas con fotos en 360º. Tamén un lip dub feito hai uns anos, pero que fai un divertido percorrido polo colexio. Por último contades cun tríptico e un documento de preguntas frecuentes que aportan moita información sobre o funcionamento, dependencias e persoal. 

Entrega da recadación do mercadillo

No día de San Valentín o director Juan Vicente e a xefa de estudos, Loli Mantiñán fixeron entrega do recaudado no mercadillo solidario no Día da Paz. Como sabedes a ONG destinataria este curso foi Cáritas da Parroquia de Oza, moi preto do noso colexio. Na entrega estivo presente Victor Pérez Bedía, director desa Cáritas, e agradeceu a todas e todos a implicación pola importante cantidade acadada, e tamén ao centro a iniciativa organizada.

Actividade solidaria

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar pola Paz. Nesta ocasión realizaremos un mercadillo de xoguetes e libros coas aportacións desinteresadas do alumnado e as familias. Tedes toda a información na circular explicativa da actividade que podedes ver facendo clic no cartel anunciador.

Segundo trimestre

Comezamos o 2º trimestre con novidades. Durante o Nadal instalamos tarima na Biblioteca e na zona da entrada da mesma. Ademáis próximamente será o Salón de Actos o que terá unha renovación con instalación de tarima e outras melloras importantes. Tamén este trimestre estará marcado por conmemoracións clásicas e consolidadas no funcionamento do colexio; mercadillo solidario no Día da Paz, Entroido e Día da Muller Traballadora, entre as destacadas. Nos vindeiros días tamén publicaremos as saídas confirmadas para este segundo trimestre.

 

 

 

Festival de Nadal 2022

Despedimos o primeiro trimestre deste curso voltando ao Salón de Actos a celebrar o noso tradicional Festival de Nadal. Como sempre un éxito de participación, todos os cursos tiveron a oportunidade de realizar unha actuación. Ademáis aproveitamos para despedir ao alumnado de prácticas da UDC e agradecer o seu traballo neste trimestre. Tedes na seguinte lista de reproducción unha boa mostra de todo o acontecido nesta celebración, e a continuación unha selección de imaxes do mesmo festival. BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2023!!!

Resultados das eleccións ao Consello Escolar

Celebrada a votación o luns 28 de novembro de 2022 os representantes candidatos elixidos foron:

SECTOR PROFESORADO: Alfonso González López e Luis Seijas Penas

SECTOR FAMILIAS: Rubén Cuellas Vázquez e Ramiro Eduardo Maceira Martínez

Tamén aproveitamos esta ocasión para agradecer a súa implicación e participación ás representantes saíntes, que son as nais María García e Mónica Scandura, e as mestras Eva Fariñas e Ana Roca.

Comezamos coas saídas e actividades complementarias

Neste mes de outubro iniciamos o calendario de actividades complementarias dentro e fora do colexio. Podedes consultar as actividades xa confirmadas neste primeiro trimestre no seguinte enlace no menú "Calendario de saídas" deste sitio web. Estas saídas xa están autorizadas na ficha de inicio de curso e no mes de novembro solicitarase a aportación económica correspondente. Lembramos que o uso da mascarilla no transporte escolar continúa a ser obrigatoria.

Powered by Drupal - Design by artinet