Skip to Content

Secretaría

HORARIO DE OUTUBRO A MAIO

 

Bos días cole: dende as 7:30h.

 

Horario lectivo: 9:45 h – 14:45 h

Comedor escolar: 14:45 h – 15:30h

 

 

Saídas e recollida do alumnado:

1ª- 14:45 h (Infantil dende as 14:30h)

2ª- 15:30 h Recollida familias

3ª- 16:30 h Transporte – Recollida familias

4ª – 17:30 Recollida familias

 

As portas permanecerán abertas 15 minutos dende o horario sinalado.

No mes de outubro comezan as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES da ANPA e CONCELLO.

Para o alumnado de primaria o centro oferta as actividades de ludoteca, biblioteca e sala de estudo.

A Ludoteca permanecerá aberta dende ás 15:30h ata as 16:30h.

Biblioteca e Sala de estudo dende as 15:30h ata as 17:30h.

ACCESOS AO CENTRO

Recordamos que as familias deberán acceder ao centro polo portal sur (Zona urbanización)

O portal norte (Zona polideportivo) só é para o alumnado transportado. Excepcionalmente poderá ser usado polas familias de infantil as 14:30h.

 

 

Reunións titorias e familias

As reunións de comezo de curso das distintas titorias coas familias están convocadas nas seguintes datas:

Cursos data

5º A  e 5º B

Infantil

2 de outubro

17:00 h.

6º A e 6º B

Infantil

18 de setembro

17:00 h.

1º A, 1º B e 1º C

Primaria

7 de setembro

18:00 h.

2º A, 2º B e 2º C

Primaria

13 de setembro

17:00 h.

3º A, 3º B e 3º C

Primaria

25 de setembro

17:00 h.

4º A, 4º B e 4º C

Primaria

19 de setembro

17:00 h.

5º A, 5º B e 5º C

Primaria

20 de setembro

17:00 h.

6º A, 6º B e 6º C

Primaria

18 de setembro

17:00 h.

Listaxes definitivas Fondo Libros

Publicamos as listaxes definitivas da concesión de libros do fondo existente no centro.

Listaxe admitidos

Listaxe excluídos

Pódese ver os libros por materia que se lle emprestarán a cada neno/a. Na maioria dos casos, despois dos libros, aparece un número de adquisicións complementarias que non teñen obxecto no noso caso, xa que en todos os cursos o número de libros non chega ao número máximo que se lles concede aos de menor renda. En terceiro e cuarto de primaria empregaran tres libros e o caderniño de inglés, en quinto e sexto son 5 libros e o caderniño de inglés. O CADERNO DE INGLÉS NON FORMA PARTE DO FONDO DE LIBROS, e polo tanto as familias  deberano comprar.

Os libros concedidos serán entregados ao alumnado ao longo do mes de setembro.

Seguimos agardando á resolución do proxecto E-DIXGAL, libros electrónicos en quinto e sexto de primaria, polo que o alumnado que non participou no fondo solidario ou que non lle foi concedido  terá que esperar para comprar estes libros (agás o de inglés).

Lembramos a lista dos libros para o próximo curso.

Listaxe provisional Fondo Libros

Publicamos as listaxes provisionais de admitidos e excluidos na participación no fondo solidario de libros para o curso 17/18.

Ábrese un prazo de catro días para presentar calquera reclamación. Este prazo rematará o venres 14 de xullo.

A partir desta data publicaremos as adxudicacións definitivas nas que se indicaran as materias dos libros concedidos.

Listaxes provisionais concedidas

Listaxes provisionais de excluidos

Existencias de libros

Vales material e libros

A partir do luns, 10 de xullo, pódese pasar a recoller os vales de material escolar  e de libros concedidos no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar (orde 16 maio 2017).

Estes vales entregaranse ás familias na secretaria do cento en horario de mañán (9:30 a 14.30 h.) ata o 25 de xullo ou a partir do 1 de setembro.

Estas axudas serán entregadas aos  pais  ou no caso de delegar noutra persoa deberá traer unha autorización asinada.

As listas provisionais do fondo de libros publicaranse en breve.

Libros de texto curso 2017-2018

Publicamos a listaxe dos libros de texto para o próximo curso do alumnado de infantil e primaria do noso centro. Informar que está solicitado o proxecto E-DIXGAL (libros electrónicos) para 5º e 6º de primaria. A súa concesión implicaría que o alumnado destes niveis non empregaría os libros en papel no próximo curso. Ata a resolución, non deben comprarse estes materiais. Cando contemos con mais información, transmitirémola a través da web do centro.

 Listaxe libros de texto

Xuntanza 4º de Infantil curso 2017/18

 

Convocamos a aqueles pais/nais, titores/as  legais do alumnado que vai comezar 4º de infantil no curso 2017/18 a unha xornada de portas abertas que se celebrará o próximo día 19 de xuño ás 16:45 h. na biblioteca do centro.

Nesta xuntanza presentaranse as titoras destes grupos e explicarán aspectos básicos do funcionamento do centro, do periodo de adaptación e da dinámica de traballo na aula.

Agardámosvos a todos/as vós !!!!

 

Xornada portas abertas

2 de marzo, ás 17 h. Biblioteca do centro

Xornada de portas abertas e fin de curso 2014

Información de interés para a comunidade escolar:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS FAMILIAS:

Luns 9 de xuño ás 17:00 h. Biblioteca do centro.

Informamos que o próximo luns 9 de xuño celebraremos a xornada de portas abertas no centro. Ás 17 h., na biblioteca do centro, convocamos unha reunión informativa, na que se exporán as liñas de traballo do centro, as normas e regulamentos, os servizos e as actividades complementarias. Remataremos cunha visita as instalacións do centro.
A segunda parte da reunión estará especialmente adicada ao novo alumnado de educación infantil, que será informado por profesorado dese ciclo.
A convocatoria é para toda a comunidade escolar, especialmente para as novas incorporacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut