Skip to Content

Listaxes definitivas Fondo Libros

Publicamos as listaxes definitivas da concesión de libros do fondo existente no centro.

Listaxe admitidos

Listaxe excluídos

Pódese ver os libros por materia que se lle emprestarán a cada neno/a. Na maioria dos casos, despois dos libros, aparece un número de adquisicións complementarias que non teñen obxecto no noso caso, xa que en todos os cursos o número de libros non chega ao número máximo que se lles concede aos de menor renda. En terceiro e cuarto de primaria empregaran tres libros e o caderniño de inglés, en quinto e sexto son 5 libros e o caderniño de inglés. O CADERNO DE INGLÉS NON FORMA PARTE DO FONDO DE LIBROS, e polo tanto as familias  deberano comprar.

Os libros concedidos serán entregados ao alumnado ao longo do mes de setembro.

Seguimos agardando á resolución do proxecto E-DIXGAL, libros electrónicos en quinto e sexto de primaria, polo que o alumnado que non participou no fondo solidario ou que non lle foi concedido  terá que esperar para comprar estes libros (agás o de inglés).

Lembramos a lista dos libros para o próximo curso.



page | by Dr. Radut