Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

MATRÍCULA ALUMNADO INFANTIL E PRIMARIA e SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR

O alumnado que XA ESTÁ NO CENTRO, NON ten que formalizar de novo a matrícula.

A día de hoxe, non están publicadas as instruccións para solicitar o servizo de transporte e comedor escolar. Prégase estén pendentes dos avisos que se irán publicando en web.

Dirección

ALUMNADO DE RELIXIÓN - VALORES CÍVICOS E SOCIAIS

O alumnado que queira facer modificación na matrícula de Relixión Católica a Valores Cívicos ou viceversa, debe facelo en período de matrícula ata o 30 de Xuño.

En setembro non se poderá facer modificación.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN 2022.

Como cada ano dende o CEIP de Pedrouzos queremos desexar un bo verán a todos cheo de lecturas.

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións.

MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 2022-23

 PRAZO DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO

 

O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III, xunto a seguinte documentación:

  • Fotocopia dos DNI.

  • Fotocopia do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.

  • Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.

  • Cuestionario de alerxias e intolerancias alimentarias, se procede.

  • Enquisa uso familiar lingua.

  • Cuestionario uso da lingua.

  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.

 

O horario de atención ás familias será de luns a venres de 9:30 a 13:30h.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2022/23

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2022. Non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022/23.

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Prazo de devolución: do xoves 16, ata martes 21 de xuño.

Devolveranse baixo a supervisión da titoría, que  comprobará se cumpren as condicións de devolución.

  • Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

  • ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2022/23

Xuntase calendario escolar para o vindeiro curso.

Ademáis, informase dos seguintes días festivos:

 

  • 27 de setembro, Santa Minia.
  • 31 de outubro, Día do Ensino.
  • 18 de maio, Ascensión.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 19 DE MAIO ATA O 22 DE XUÑO

HORARIO:

TODOS OS DÍAS DE 9:30h A 13:30h

E OS LUNS POLA TARDE DE 15:30h A 17:00h

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal) Para a presentación de solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365  (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Opcionalmente tamén pode presentarse no centro docente utilizando o formulario ANEXO I, publicado na web da Consellería, e que estará a disposición dos interesados no centro docente, ou poden descargalo dos documentos adxuntos.

Xunto coa solicitude ANEXO I deberá presentarse:

        a) ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

      b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2020, poderán acreditar o    número de membros utilizando os seguintes medios:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

       c) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

        d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

       e) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.          

       f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

       g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.

 

* DE TODA A DOCUMENTACIÓN que se presente, deberán achegar FOTOCOPIAS e os respectivos ORIXINAIS para verificar a súa autenticidade.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

Publícanse as listaxes definitivas de admitidos/as para o próximo curso. Poden consultarse no taboleiro do centro.

Lembrar que todos estes alumnos/as terán que formalizar a matrícula a partir do 20 de xuño ata o día 30 deste mesmo mes.

Lembren estar pendentes da información en web, xa que nesas datas e atendendo as instruccións da Consellería, irán publicándose os prazos para formalizar (se o precisan,  a solicitude de Servizos Complementarios (Transporte e Comedor).

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 3º TRIMESTRE 2021/2022

Xuntamos menús correspondentes ao 3º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

Publícanse as listaxes provisionais de admitidos/as para o próximo curso. Poden consultarse no taboleiro do centro.

As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut