Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

SOLICITUDE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

O prazo para presenta as solicitudes é  dende o XOVES 20 DE XUÑO ATA O VENRES 5 DE XULLO.

Lembren que o horario de atención ás familias é de 9:30 a 13:30h.

Deberán descargar os impresos da páxina web do centro ou ben solicitalos na CONSERXERÍA.

 

CALCULADORA TAXA SERVIZO DE COMEDOR

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA NOVO ALUMNADO - CURSO 2024/25

O prazo para formalizar a matrícula do NOVO ALUMNADO que  foi admitido no noso centro para o curso 2024/2025, ábrese o día 20 de xuño ata o 30 de xuño.  Para facer calquer modificación na matrícula do alumnado que xa está no centro, deberá facerse no mesmo prazo.

INSTRUCIÓNS PARA DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (Alumnado de 3º e 4º de primaria)

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2024. Non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2024/25.

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Prazo de devolución: do xoves 13, ata xoves 20 de xuño.

Devolveranse baixo a supervisión da titoría, que  comprobará se cumpren as condicións de devolución.

RESOLUCIÓN SOBRE O CAMBIO DE HORARIO NA SAÍDA DOS AUTOBUSES ESCOLARES PARA O CURSO ESCOLAR 2024-2025

INFORMAMOS que o procedemento para o cambio do horario de transporte xa está resolto de forma FAVORABLE nos seguintes términos:

A petición do centro escolar foi reformulada polo servizo de Apoio Aos Servizos Educativos que determina que pode aceptar, cos medios actuais adscritos ao contrato o seguinte:

  • Entrada sen modificacións: 9:35h chegada transporte escolar e 09:45h horario escolar.
  • Saída transporte escolar despois de comedor: Luns, Mércores, Xoves e Venres: 15:35 h.
  • Saída transporte escolar despois de comedor: Martes: 16:20 h.

Polo tanto, esta Dirección Territorial, unha vez vistas as alegacións, resolve: 

Autorizar o cambio de horario de transporte escolar solicitado polo CEIP de Pedrouzos (Brión) nos termos das alegacións presentadas pola empresa contratista con data de efectos do inicio do curso escolar 2024/2025.

Dirección.

CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2045

PRAZO DE SOLICITUDE  DO 21 DE MAIO Ó 21 DE XUÑO DE 2024

NORMATIVA

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2024).

 DESTINATARIOS

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Informamos que non hai variacións nas listaxes definitivas en relación ás provisionais. Estas listaxes poden consultarse no taboleiro do centro.

O alumnado que non está admitido debe agardar á fase de ADXUDICACIÓN SUBSIDIARIA que remata coa asignación de praza a mediados de xuño.

Polo tanto, as familias deberán esperar ata mediados de xuño para saber si finalmente obteñen praza no noso centro. Será nese momento no que nos poñeremos en contacto coas mesmas para logo formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

CHARLA CON BLANCA MILLÁN

O mércores, día 4 de xuño contaremos coa colaboración de Blanca Millán, un referente na práctica do baloncesto a nivel nacional. 

Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades "Mulleres e Mens sana, in corpore sano" que estivemos traballando ao longo deste curso 2023/24.

Agradecer a Blanca a súa presencia,  así como ás familias e ao profesorado que fixo posible organizar esta charla.

blanca miillan

ENTRADAS E SAÍDAS DE ALUMNADO CURSO 2023-2024

                             

ALUMNADO TRANSPORTADO

INFANTIL E PRIMARIA

ENTRADA

SAÍDA

9.30 a 9.45 h

16.30 h

ALUMNADO NON TRANSPORTADO

ENTRADA

SAÍDA

INFANTIL: 9,45 a 9,55 h

INFANTIL: 14,40 H

PRIMARIA: 9,30 a 9,45 h

LETRAS GALEGAS 2024

Hoxe celebramos o día das Letras Galegas. Este ano a homenaxeada é Luisa Villalta.

Dende o CEIP Pedrouzos queremos conmemorar este día e desexarvos que pasedes unha boa xornada.

                    cartaz letras galegas 2024

Ao longo da semana que vén, colgaremos as imaxes coas actividades realizadas para conmemorar este día no CEIP Pedrouzos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut