Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

INFORMACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 21 DE FEBREIRO DE 2022

Infórmase que no Consello Escolar Extraordinario do 21 de febreiro de 2022, apróbanse as contas do Centro e Comedor Escolar correspondentes ao exercicio do 2021.

A Dirección.

OS MANDADOS DO ENTROIDO

Estes son os mandados da próxima semana!!

Lembrade que todo o "atrezzo" que nos poñamos, non pode interferir co uso da máscara ou as normas de seguridade.

 

Animádevos a participar!!

Enquisa sobre o Proxecto Educa Bonito.

Prezadas familias,

A ANPA Andaravía pídevos que, por favor, adiquedes uns minutos antes do día 4 de febreiro a cubrir unha breve enquisa sobre a proposta da experta en disciplina positiva María Soto, de Educa Bonito, para o noso centro. En función do que digades, explorará a posibilidade de poñelo en práctica ou non e, tamén, poderá valorar os prazos e os custos máis acaídos para a nosa comunidade educativa.

Pulsa aquí para cubrir o formulario

https://forms.gle/S63RhyBVcRfcE4Sz6

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 2º TRIMESTRE 2021/2022

Xuntamos menús correspondentes ao 2º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

Faladoiro Presentación Plan de Convivencia EDUCA BONITO

 

Temos a ledicia de comunicar que o próximo luns 17 de Xaneiro ás 18.00h, terá lugar o faladoiro de presentación do Plan de Convivencia Escolar EDUCA BONITO.

 

Trátase dunha xuntanza ON-LINE organizada polo ANPA, na que contaremos coa experta en Disciplina Positiva, María Soto, que nos compartirá en qué consisten as accións formativas que inclúe o Plan, dirixidas tanto a familias coma docentes. 

 

O propósito do Plan é aportar ferramentas educativas baseadas nas últimas evidencias científicas, que nos axuden no noso día día na educación das nosas fillas e fillos. Ferramentas que se poden empregar tanto nas aulas como na casa. A intención é ofrecer á comunidade do centro recursos compartidos para que as rapazas e rapaces poidan medrar nun ambiente de equilibrio, no que se teñan en conta todas as sensibilidades e necesidades dos seus membros, e deste xeito, todas as persoas que forman parte da "familia" do colexio, poidan atopar o seu lugar para aportar, construir e disfrutar desta etapa tan importante.

 

Deixamos en arquivos adxuntos a información do Plan con detalle. Poderedes acceder a través da plataforma ZOOM facendo clic neste enlace .

 

O acceso é de balde. Terá unha duración de unha hora, máis uns 15 minutos nos que poderemos tratar en aberto as cuestións que queirades preguntar.

 

Agardamos que sexa de utilidade para vos!

 

Saúdos!

 



RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2022-2023

Teñen que facer solicitude de permanencia de praza o alumnado deste centro que vai continuar os seus estudos aquí para o curso seguinte, ou reserva de praza para alumnado de centros adscritos, (EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns).

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

 

Documentación:

 - ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos, (Escolas unitarias e Alumnado de 6º)

 - Documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviouse a través do alumnado ás familias).

RECOLLIDA DE MÁSCARAS

Xúntase cadro do horario para a recollida das máscaras, así coma dun modelo de autorización se fose preciso, para o alumnado beneficiario por recibir a axuda para material escolar, tal como reflicte a Orde do 28 de outubre de 2021.

Actualización da Situación COVID no CEIP de Pedrouzos

 Prezadas familias:

 Informamos que a Consellería de Sanidade acaba de comunicarnos que debido á situación tan complicada na que se atopan nestes momentos non é posible realizar o cribado masivo que tiñan previsto facer no noso centro.

 Polo tanto, infórmannos que todas/os as/os que queirades facer unha proba podedes pasar por algún destes lugares:

Área Sanitaria de Santiago - A Barbanza

Hospital Clínico Universitario de Santiago

(Hoxe é o último día)

Exterior Planta -3 (zona laboratorios).

Xoves  24,  (de 15:30 as 19:00h)

Auditorio Vidal Bolaño

(Campus Sur USC)

Todos os días de 14:00h a 20:00h

Hospital da Barbanza

Xoves  24,  de 15:30 as 19:00h

A partir do día 26  de 15:30 ás 20:00h

Agardamos que comprendades as dificultades da situación e que teñades claro que esta decisión non ten nada que ver co CEIP de Pedrouzos;

xa que, pola nosa parte, procuramos por todos os medios que o cribado se realizara o máis axiña posible.

Coidádevos moito e BO NADAL.

DIRECCIÓN

* Informamos tamén que a situación no centro a día de hoxe é a de 57 casos positivos confirmados.

Lecturas de Nadal 2021

Como cada ano dende o CEIP de Pedrouzos queremos desexar un bo Nadal a todos cheo de lecturas.

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións.

HORARIO ESCOLAR CURSO 2021-22

XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO

O alumnado pode saír do centro na hora que precise, logo de telo comunicado á titoría e previa chamada á Conxerxería. Será a conserxe quen acerque ao alumnado á porta.

Para entrar no centro unha vez iniciado o horario lectivo, debe facerse nos cambios de sesión.

Distribuir contido


by Dr. Radut