Prezadas familias:
Informamos que a Consellería de Sanidade acaba de comunicarnos que debido á situación tan complicada na que se atopan nestes momentos non é posible realizar o cribado masivo que tiñan previsto facer no noso centro.
Polo tanto, infórmannos que todas/os as/os que queirades facer unha proba podedes pasar por algún destes lugares:
Área Sanitaria de Santiago - A Barbanza |
|
Hospital Clínico Universitario de Santiago (Hoxe é o último día) |
Exterior Planta -3 (zona laboratorios). Xoves 24, (de 15:30 as 19:00h) |
Auditorio Vidal Bolaño (Campus Sur USC) |
Todos os días de 14:00h a 20:00h |
Hospital da Barbanza |
Xoves 24, de 15:30 as 19:00h A partir do día 26 de 15:30 ás 20:00h |
Agardamos que comprendades as dificultades da situación e que teñades claro que esta decisión non ten nada que ver co CEIP de Pedrouzos;
xa que, pola nosa parte, procuramos por todos os medios que o cribado se realizara o máis axiña posible.
Coidádevos moito e BO NADAL.
DIRECCIÓN
* Informamos tamén que a situación no centro a día de hoxe é a de 57 casos positivos confirmados.