O prazo para formalizar a matrícula do alumnado que foi admitido no noso centro para o curso 2018/19 ábrese o día 20 de xuño. Ata o 30 deste mesmo mes pódese recoller e entregar a documentación na secretaría do centro.
O horario de secretaría: 9:30 h. a 14:30 h. Luns a Venres
- Resumo da documentación
- Impreso de formalización de matrícula.
- Enquisa lingüística.
- Rexistro de alerxias e intolerancias
- Solicitude colaboración comedor
- Permiso saídas e imaxe
- Cuestionario lingüístico
No caso de solicitar comedor e transporte, deberán presentar a seguinte documentación no momento de formalizar a matrícula.(ligazón)