Skip to Content

Eventos

« Mércores Novembro 21, 2018 »
Mér
Start: 21/11/2018 10:29

O farmacéutico de Santa Minia, Francisco Rodríguez Seara, impartirá varias charla sobre a alimentación e a importancia de manter unha dieta variada e equilibrada para manter a saúde. Estas charlas están organizadas polo colexio de farmaceúticos da provincia da Coruña dentro das campañas sanitarias para centros escolares.


4º PRIMARIA  9:45- 10:35h

5º PRIMARIA  10:35- 11:25h

6º PRIMARIA 11:25- 12:15h

Start: 21/11/2018 10:32

 O vindeiro 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Na escola querémonos sumar á celebración desa data pois pensamos que é moi necesario concienciar, dende os inicios, da tolerancia cero cara a calquera tipo de violencia. Nesta ocasión queremos facer un  mural-exposición-repesentación durante os días 22 e 23. Para a celebración contaremos cos zapatos vermellos que dende as familias poidades aportar; se tedes algún par de zapatos ou zapatillas vermellas mandádeos co nome para telos ben identificados.

Cremos que esta actividade propicia tamén que se fale nas vosas casas deste tema, que se dea difusión, que cada vez sexamos máis @s que digamos NON.

Distribuir contido


by Dr. Radut