Blogues

Programa de Dino Radio pola Paz no ano da Vacina

Deixámovos aquí o primeiro programa da nosa Dino Radio neste ano 2021, marcado pola vacina anti-covid... e a nós nos gustaría que houbese tamén vacinas contra da violencia, do racismo, das guerras...

En fin, que neste ano 2021 soñemos con todas esas vacinas que tanto necesitamos para aprendermos a convivir neste mundo.

Lorena, Top Model do Condesa

Non só temos deportistas e investigadores entre os nosos e as nosas ex-alumn@s, tamén os hai que procuran desenvolver a súa creatividade por outros camiños, como Lorena, que optou polo mundo da moda, e que nestes momentos xa é unha cobizada modelo como podemos ver nesta reportaxe.

https://smoda.elpais.com/moda/futuro-blanco-tendencias-moda-editorial-diciembre/100397907/image/100397921

Aberto o prazo de reserva de praza

O prazo de reserva de praza nos centros educativos vai do 15 de xaneiro deica o 5 de febreiro.

Para reservar praza no centro de adscrición (no noso caso o IES Lauro Olmo) o alumnado de sexto curso deberá presentar o formulario que facilitaremos dende o centro, e se entregará no propio colexio que se fará cargo da súa tramitación. Tamén se poderá empregar a aplicación informática

Así mesmo o alumnado que decida non matricularse no centro adscrito, deberá comunicalo no centro para evitar erros e duplicidades na matrícula.

Festival de nadal

Enfeitando a casa polo Nadal

Desta volta as nais da ANPA súmanse ao Reto Fuchiqueiro e nos propoñen montar uns adornos do Nadal que nos van servir para enfeitar a nosa casa nestas festas que se achegan.

Gravaron un pequeno vídeo no que nos explican como se montan as figuras que nos propoñen, que vos invitamos a ver.

Menudas nais máis habelenciosas!!

Dino Radio volve cos magostos, as letras e as normas de uso da biblioteca

Velaquí o noso primeiro programa deste ano. Chega un pouco tarde porque tivemos algúns problemas técnicos co equipo de gravación que xa están solventados, polo que esperamos que poidamos ir facéndovos chegar os programas con maior regularidade.

Neste programa falamos das normas covid para a biblioteca, dos castañeiros e o magosto e facemos un breve repaso á biografía de Carvalho Calero, o autor a quen este ano homenaxeamos nas letras galegas.

Moitas grazas  a todas e atodos os que fixestes posible este programa.

Plan de comunicación

Horarios espello para caso de confinamento

No caso de ter que confinar unha clase, un grupo de alumnos ou o centro enteiro temos que ter preparado dende hoxe un horario que nos permita manter a actividade lectiva.

O horario que podedes consultar no ficheiro adxunto, é o que corresponde aos cursos de 3º a 6º de primaria, xa que o s cursos inferiores, isto é, infantil e primeiro ciclo de primaria, polas súas características específicas acordarán no seu momento coas familias o plan de traballo para unha situación de confinamento.

Reparto de Máscaras

A Consellería de Educación ao través da orde do 6 de novembro de 2020, abre o prazo para solicitar máscaras gratuítas para o alumnado da educación primaria e educación especial do sistema educativo galego.

O alumnado que xa foi beneficiario das axudas de material escolar non necesita facer solicitude.

Para o resto achegamos unha infografía que resume os requisitos para acceder a esta axuda, e para descargar os impresos necesarios.

 

Powered by Drupal - Design by artinet