try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Condesa de Fenosa

Piteas

Páxina adicada á recollida de recursos para o proxecto Piteas

Os nosos proxectos

Este ano os nosos proxectos foron moitos e moi variados.

Aquí podedes enlazar cos blogs onde se mostran os traballos realizados nas clases.

A rá

3 anos B

Dinosauros

Clases de 4 anos


 

O Mar

Clases de 1º EP

O ruído e o silencio

Clases de 2º EP

 

Os indios

3º A de EP

Os 22 amigos

3ºB de EP

@ principiño que tod@s

levamos dentro

4º B de EP

A lactancia materna

6ºA de EP

Portafolio total do Talento

Portfolio para o alumnado de 3 anos

Cristina nos achega o portfolio de Piteas para o alumnado de 3 anos.

 

Portfolio de intereses para 1º de primaria

Velaquí tedes o portfolio dos intereses para 1º de primaria que nos achega Cristina.

Reportaxe fotográfica da Feira de Proxectos de Piteas

Deixámovos aquí unha reportaxe gráfica da expedición valdeorresa á feira de proxectos de Piteas en Santiago.

Un día de lecer e traballo que tod@s desfrutamos, e que agora poderemos rememorar con este vídeo que elaborou o profe Rubén.

 

Feira de Proxectos de Piteas

Máis Portafolios, agora de infantil.

Cristina achega un portafolio, centrado nos intereses dos nenos, para os cursos de infantil.

Seguro que lle habemos tirar proveito.

E tamén con Pictogramas

Natacha acaba de elaborar unha nova versión do formulario do Portafolio total do talento en Pictogramas, o que facilita de gran maneira o acceso ao formulario dunha parte do alumnado.

Velaí o tedes:

 

Estatística Portafolio

Podemos descargar aquí un documento en libreoffice para recoller as estatísticas sobre os resultados do Portafolio Total do Talento.

Simplemente editamos o documento, cubrimos os datos das táboas cos resultados da enquisa online, e voilà xa temos un documento que nos pode axudar a ter unha visión global dos estilos de aprendizaxe, de expresión e a apreciación das áreas curriculares que teñen o noso alumnado.

Pouco a pouco iremos sumando recursos para facilitar a recollida de datos para este apaixoante proxecto.

Distribuir contido